Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
18873/1. Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18873/1
Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Data(s) 1960 (Produción)
Volume e soporte 16 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén: - Proxecto do camiño do lugar de Castelo a Pontesamapaio ( 1960 ). Adquisición do terreo propiedade de Carlos Seoane Cortegosa para o proxecto ( 1972 ). Relación de propietarios expropiados: Herdeiros de Dionisio González, José Vidal, Argentino Pires, Antonio Santos, Manuel Pérez, Josefa Vidal, Manuel Vidal González, Santiago e Manuel Bouzón, Juan Míguez, Daniel Vilán, Antón Pérez Valladares, Antonio Conde Bernárdez, Manuel Torres, Pedro Barreiro. - Solicitude de devolución de fianza polas obras de reparación e pavimentado das rúas San Antoniño entre outras a nome de Benito Malvar González con número de expediente 5686. 1971 - Certificado de compromiso do Concello de Pontevedra para obras en diferentes camiños incluídos no orzamento extraordinario da Deputación Provincial. 1971 - Solicitude de devolución de fianza por diferentes obras a nome de José Antonio Malvar González con número de expediente 8884. 1972 - Solicitude de devolución de fianzas polas obras de acceso o lugar de Freijo ( Campañó ) a nome de Eliseo Fernández Rodríguez. 1972 - Solicitude de nombramento de representante para a recepción definitva das obras do proxecto de camiño de acceso o lugar de Freijo ( Campañó ). 1972 - Solicitude de permuta de terreos para construción do camiño vecinal de Ponte Sampaio a Ponte García a nome de Antonio González Regueira. 1972 - Solicitude de abono de subvención de Antonio Torres Torres, alcalde de barrio de O Rañadoiro ( Ponte Sampaio ) pola reparación das obras do camiño veciñal de O Rañadoiro a Urceira. 1973 - Obras da reparación do camiño de Costado a Casas Novas ( Mourente ). 1974 - Obras de pavimentación do camiño de acceso o Grupo Escolar do Lérez incluídas no Plan Complementario de Cooperación do Servizo de Cooperación y Desarrollo da Diputación Provincial de Pontevedra. 1973 - Proxecto de pavimentación das Rúas San Antoniño, José Millán, Víctor Cervera Mercadillo e Gonzalo Gallas. 1973 - Normas e instrucións para a redacción e execución don Plans de Obras e Servizos de interés local da Comisión Provincial de Servizos Técnicos e Cooperación e Desenrolo, durante o Bienio 1974-1975. 1973 - Obras de Acción Comunitaria relacionadas coa concesión de subvención para diferentes obras relacionadas co " Paro Obrero " ( Goberno Civil de Pontevedra ). 1979. Plan de Inversión de 1979. - Subvención da Dirección Xeral de Belas Artes para obras no Monasteiro do Lérez. 1965 - Solicitude xudicial a instancia do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia relacionada coas obras de pavimentación nos Xardíns de Alonso de Fonseca e Santa María. 1987 - Obras na Avenida de Compostela.1985
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)