Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
18891/1. Expedientes de obra en centros escolares
Expedientes de obra en centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669.18891/1
Título Expedientes de obra en centros escolares
Data(s) 1977 (Produción)
Volume e soporte 3 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes sobre centros escolares: - Certificación da comunicación da Subdirección Xeral de Construcións do Ministerio de Educación e Cultura relacionada coa construción dun Centro de Educación na Xunqueira do Lérez. Comunicación do Delegado Provincial sobre a adxudicación de obras en diferentes Centros Escolares . 1979 Comunicación do Ministerio de Educación e Ciencia da ampliación de obras do Colexio Menor Atlántico. 1978 Comunicación da Subdirección Xeral de Contratación da Xunta de Construcións do Ministerio de Educación e Ciencia sobre a adxudicación de obras nun centro de Formación Profesional na cidade de Pontevedra 1977 - Construción dun colexio público de Educación Xeral Básica na parroquia de Marcón. 1982 Copia da escritura de compra venda de terreo a Josefa Marcelina Diz Veiga e outros. 1985 Copia da escritura de segregación e cesión otorgada por Aurelio Gadea Vázquez como Presidente da Comunidade de Veciños da parroquia de Marcón. 1982. Copia da escritura de reversión do Estado, Concello de Pontevedra e a Xunta Veciñal de Montes en Man Común da parroquia de Marcón. 1988
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)