Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF084. 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
-
S0655. Expediente de obras de apertura e pavimentación de rúas, pontes, camiños e prazas
18937/1. Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF002.F0007.SF083.SF084.S0655.18937/1
Título Expedientes de obras de apertura e pavimentación de rúas , pontes , camiños e prazas
Data(s) 1966 (Produción)
Volume e soporte 41 expedientes, papel
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén: - Normas e Instrucións para a concesión de axuda técnica do Servizo de Cooperación Provincial da Diputación Provincial de Ponteverda ( Plan 1964- 1965) ( Plan 1966- 1967 ). Relación das obras levadas a cabo nestas datas. - Compromiso de aceptación das dúas rúas de baixada o porto e dos camiños que bordean o cauce do río dos Gafos. 1966 -Reconstrución do muro de contención la praia de Placeres ( Pontevedra ) e o seu camiño de acceso. 1966 - Reparación do camiño que vai ata a igrexia da parroquia de Tomeza e o Grupo Escolar de Lusquiños.1969 - Obras de desmonte da rocha ata a praza de Mollabao. 1969 - Plan de Cooperación Provincial ( 1968 - 1969 ). Obras no ensanche e pavimentación na Praza de San Andrés de Xeve no lugar de Filgueira, Campo Escolar de Deportes de San Andrés de Xeve - Obras acceso a igrexa de Mourente.1974 - Obras nos lugares da Paloma ( Mourente ), Valadares e Pazos. 1970 - Obras de reparación no camiño de Peralba ( Marcón ) ata a Pontevedra, e estrada de Ponte Caldelas. 1969 - Moción sobre a estrada de Campañó. 1969 - Proposicións de obras no distrito de Marcón. 1973 - Obras no camiño que vai dende o Campo da Festa a Casa de Domitila en Marcón. 1974 - Obras no camiño de Outeiro ( Lérez ). 1975 - Reconstrución dun muro en Leiras de Arriba na parroquia de Bora. 1975 - Obras de ensanche no camiño de Bordel ata a estrada de Bora. 1977 - Obras de reparación no camiño de Rosende ( Verducido ). 1976 - Obras de reparación no camiño de Covasdapera ( Verducido ). 1976 - Construción dun muro de contención no camiño vecinal de Pintos ( Marcón ). 1977 - Reparación dunha estrada que vai dende Ponte Caldelas ata a da Reigosa. 1973 - Reparación do camiño que vai dende a estrada de Ponte Bora ata a igrexa parroquial. 1974 - Reparación do camiño da Carballa en Marcón. 1974 - Reparación do camiño de Valadares en Marcón. 1974 - Reconstrución dun muro de contención no camiño da Cachadiña en Marcón. 1974 - Obras no camiño de Sobral o Mirador da Torre na parroquia de San Andrés de Xeve. 1975 - Obras de enlace o Camiño da Ría de Abaixo a estrada de Marcón. 1974 - Construción dun muro de contención de terrras no camiño do lugar de Pintos ( Marcón ) que vai ata Ponte Caldelas. 1975 - Solicitude do abono das obras do camiño que vai dende Ponte Caldelas o lugar de Pintos ( Marcón ) a nome do Alcalde de Barrio de Pintos ( Marcón ). 1975 - Reparación no campo de Santa Margarida ( Mourente ) e reparación do camiño da igrexa de Salcedo. 1975 - Obras de pavimentación do camiño veciñal de Portobelo ( Verducido ). 1975 - Solicitude de abono das obras do camiño de Roris- Fontanes a Outeiro a nome do Alcalde de Barrio de Gatomorto de Arriba ( Xeve ). 1976 - Obras de pavimentación do camiño do Maunzo ( San Andrés de Xeve ). 1977 - Reconstrución do camiño de Fragoso en San Andrés de Xeve- 1976 -Solicitude do Deputación Provincial de Pontevedra dunha maquina escavadora para obras en Castelo ( Lérez ) e Verducido ( Xeve ). 1978 -Obras de ensanche do camiño veciña que vai dende Rorís ata Camiños Vellos e o embalse de Verducido. 1979 - Obras no camiño de Frieiro en Santa María de Xeve. 1978 - Reparación dun camiño e construción dun muro de contención de terras en Pintos ( Marcón ). 1977 - Obras de reparación do camiño no camiño de acceso a igrexa de Bora a Mourente. 1974 - Desvío do camiño do Castelo ( Lérez ) a Pontillón de Castro. 1980 - Solicitude Concelleiro Delegado do Distrito de Xeve ( Rivas Maquieira ) de realización de obras nas parroquias de Verducido, Santa María e San Andrés. 1982 - Solicitude de material de José Villanueva Blanco ( Alcalde de Barrio de Lourizán ) para o remate de obras na pista de Cunchidos ( Estribela ). 1980 - Solicitude de subvención do alcalde de barrio de Sabarís ( Manuel Baltasar Rodríguez ) para adquisición de materiais para obras de ampliación e mellora do camiño veciñal de Sabarís ( Marcón ). 1981
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Camiño público Pavimentación Estrada España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontevedra (Concello) Xeve (Santo André)
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)