ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de expropiacións do proxecto de urbanización da Rúa Cruz Gallástegui

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF001.F0005.SF054.S0407.16089/1

  • Título Expediente de expropiacións do proxecto de urbanización da Rúa Cruz Gallástegui

  • Data(s) 1981-1984 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente, papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Contén a seguinte documentación: - Proxecto de expropiacións a cargo de Alfonso Barreiro Buján. - Expedientes de expropiación de fincas nº 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10. - Expedientes de reclamación: 3993/82, a nome de José Plasencia Vicente. 3994/82, a nome de Epifanio Torres Gamallo. 3995/82, a nome de Ángel Barja Pereira. 3996/82, a nome de Humberto Barqueiro Cendón. 3997/82, a nome de Gumersindo Losada Ulloa. 3998/82, a nome de Miguel Canitrot Andión. 3999/82, a nome de José Sátiro Lois Martínez. 4000/82, a nome de Luis Fontán Costas. 4001/82, a nome de José Couceiro Couceiro. 4002/82, a nome de Carmen Otero Nieto. 4003/82, a nome de Celso Malvar García de la Riega. 4004/82, a nome de Ramón Maañón López. 4005/82, a nome de Fernando Calvo García. 4006/82, a nome de Leopoldo Prego Trigo. 4007/82, a nome de Carlos Trabazo Piñeiro. 4008/82, a nome de Ángel Luis Morán Morán. 4009/82, a nome de Heliodoro Pérez Marín. 4010/82, a nome de Epifanio Torres Gamallo. 4010/82, a nome de Amadeo Martín Mazuela. - Expediente de resolucións do xurado provincial de expropiación forzosa. - Expediente de sentenzas en recurso instado por Salustiano García Louzao.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)

Área de control da descrición