Fondos
-
SF130. 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
16221/19. Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMPO.1.GF003.F0014.SF130.S1016.16221/19
Título Expedientes de denuncias incoados pola policía municipal
Data(s) 1983 (Produción)
Volume e soporte 91 expedientes
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Pontevedra(1835-) O primeiro “foro” do burgo de Pontevedra concedido en decembro de 1169 por Fernando II de León, pode considerarse como o punto de partida no desenvolvemento municipal da cidade. Poucos anos máis tarde, o 16 de decembro de 1180, Fernando II doa ao arcebispo Pedro Compostelán a vila, con todos os seus termos e pertenzas, polo que esta perde a súa condición reguenga e pasa a depender da Mitra compostelá ata a supresión dos señoríos polas Cortes de Cádiz (1811), excepto unha pequena paréntese reguenga (1588-1595) en tempos de Felipe II. A vila consegue ao longo da Idade Media unha serie de privilexios e exencións de gran importancia para o seu desenvolvemento económico. Xa a mediados do século XIII atopámonos cun Concello que realiza funcións administrativas e xudiciais, inseparables durante toda a Idade Media e Moderna, e do que non é posible determinar a súa estrutura e composición. Este Concello é o encargado de propoñer anualmente ao arcebispo seis homes para que de entre eles elixa os dous alcaldes. O arcebispo resérvase o nomeamento dun xuíz, que o representa e administra xustiza, e dun mordomo cuxa función é esencialmente recadatoria. Desde mediados do século XV ata o fin do Antigo Réxime a composición do Concello será similar: un xuíz, dous alcaldes, varios rexedores e dous procuradores xerais. A transición do antigo ao novo réxime modificou radicalmente a composición e funcionamento do Concello. Os alcaldes deixaron de ser nomeados polos arcebispos composteláns e as rexedorías pasaron de ser vitalicias e transmisibles a electivas. A Real orde do 23 de xullo de 1835 foi a que consagrou de forma definitiva os novos concellos. O goberno municipal estaba encomendado ao alcalde ou alcaldes e a un número variable de rexedores, dos que un ou dous actuaban como síndicos. O número de rexedores durante os anos 1840 a 1860 limitouse a trece, pasando a 21 en 1869. No devandito ano a corporación quedou composta por cinco alcaldes e os 21 rexedores. A lei electoral de 1874 fixou o seu número en 22.
Institución arquivística Arquivo municipal de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Contén os seguintes expedientes relacionados con infraccións urbanísticas, de tráfico, denuncia de actividades, ocupación de vía publica, veteduras, mortes violentas, incendios... Paralizados e arquivados na súa maior parte. 1. Denuncia da Policía Municipal informando da rotura de cristais en varios establecementos da cidade de Pontevedra. Expediente número 58/1983 2. Denuncia da Policía Municipal informando da instalación de posto de venda en Méndez Núñez sen licenza municipal. Expediente número 301/1983 3. Oficio da Policía Municipal informando de incendio en propiedade de Mercedes Rodríguez Orge na rúa Alta. Expediente número 332/1983 4. Denuncia da Policía Municipal informando de roubo no comercio Casa Morales sito en Peregrina, 24. Expediente número 435/1983 5. Denuncia da Policía Municipal a Anselmo Sartages Besada por vertedura de cascallos nas inmediacións do pavillón municipal. Expedientes número 437/1983 6. Denuncia da Policía Municipal a José Acosta Barba por rotura de cristais na " Droguería Magus" e " Electricidade Portela". Expediente número 440/1983 7. Denuncia da Policía Municipal dando conta da mordedura de dous cans a José Francisco Zarazo Domínguez. Expediente número 476/1983 8. Oficio da Policía Municipal informando de incendio no centro Príncipe Felipe. Expediente número 515/1983 9. Oficio da Policía Municipal informando do roubo de xamón en establecemento de ultramarinos sito na rúa Real, 15, propiedade de Manuel López Barreiro. Expediente número 518/1983 10. Denuncia da Policía Municipal a Rodolfo Mario Ramallo Otero por lavado de vehículo en vía pública. Expediente 606/1983 11. Denuncia da Policía Municipal a Manuel García Torres por fixar adhesivos en sinais tráfico e semáforos sen autorización municipal. Expediente 653/1983 12. Oficio da Policía Municipal informando da captura de cadela vagabunda. Expediente número 654/1983 13. Oficio da Policía Municipal informando da captura de gaivota coa seguinte inscrición no anel: " INFOR-BRIT. MUSEUM-LONDON SW7.GP16696". Expediente número 655/1983 14. Oficio da Policía Municipal informando do suicidio de na Ponte da Barca de Donato Moldes Blanco. Número de expediente 779/1983 15. Oficio da Policía Municipal comunicando a retirada de turismo en estado de abandono propiedade de José Perfecto Cabaleiro Farto. Expediente número 780/1983 16. Oficio da Policía Municipal informando de incendio no centro Príncipe Felipe. Número de expediente: 863/1983 17.Oficio da Policía Municipal informando da denuncia de María Cochón Touriño que informa de vertedura de cascallos no lugar de Os Campos (Monte Porreiro ). Expediente número 868/1983 18. Denuncia da Policía Local a José Ramón Pereira Acuña( Movemento Comunista Galego ) polo pegados de carteis en fachadas de diferentes rúas da cidade sen licenza municipal. Texto do cartel: " Un ensino ao servizo do pobo cambiaría a vida das mulleres. Parar o paro. A guerra nuclear é un perigo real e golpismo que fará o goberno do PSOE, con Eukadi". Expediente número: 1113/1983 19. Oficio da Policía Municipal comunicando incendio no edificio de Mestría Industrial na rúa Secundino Esperon. Número de expediente: 1295/1983 20. Denuncia da Policía Municipal a Anselmo Lamas Rodríguez por estacionamento indebido en zona reservada. Número de expediente: 1349/1983 21. Denuncia da Policía Municipal a Manuel Mata Souto por estacionamento indebido na rúa Juan Bautista Andrade. Número de expediente: 1383/1983 22. Oficio da Policía Municipal informando de vertedura de lixo no lugar de Cernadiñas (Bora). Número de expediente: 1386/1983 23. Oficio da Policía Municipal informando de incendio na Xunqueira do Lérez. Número de expediente: 1436/1983 24. Oficio da Policía Municipal informando da recollida de vehículo abandonado na propiedade de Casimiro Mendoza Seijo na Avenida das Corvaceiras. Expediente número 1445/1983 25. Oficio da Policía Municipal comunicando a presenza de recortes de prensa nas inmediacións do Mercado Municipal que corresponden a compañía de cosméticos LIFE ESPECIAL. Expediente número: 1446/1983 e 1447/1983. 26.Oficio da Policía Municipal informando da presenza de xeo na Avenida de Lugo no cruce coa estrada de Ponte Caldelas, causando grave perigo para a circulación. Expediente 1623/1983 27. Oficio da Policía Municipal informando da recuperación de vehículo (Mini-Morris M-858.661) roubado, depositado en Talleres Fernández. Expediente número 1685/1983 28. Oficio da Policía Municipal comunicando a presenza de carteis pegados nas fachadas da cidade . Texto dos carteis: " Negociación Colectiva Paradores Nacionais". Expediente número 1750/1983 29. Oficio da Policía Municipal informando de aviso de bomba no Instiuto Politécnico da Xunqueira e Colexio de Educación Básica da Xunqueira. Expediente número: 1965/1983 30. Oficio da Policía Municipal informando de incendio na casa nº2 da Avenida Médico Ballina. Expediente número: 2085/1983 31. Oficio da Policía Municipal informando de ameaza de bomba na discoteca Daniel da cidade de Pontevedra. Expediente número 2108/1983 32. Oficio da Policía Municipal comunicando vertedura de gas oil no río Lérez polo sumidoiro da Residencia Sanitaria de Montecelo. Expediente número: 2346/1983 33. Oficio da Policía Municipal comunicando roubos nas Galerías Oliva. Expediente número: 2462/1983 34. Denuncia da Policía Municipal a Andrés Varela Rey por altercados de orde pública. Expediente número 2731/1983 35. Oficio da Policía Municipal informando de intento de roubo na xoiería Arturo Rey na rúa Don Gonzalo, 6. Expediente número 2826/1983 36. Oficio da Policía Municipal informando da activación da alarma do comcercio Confecciones Iñaki nas galerías da Rúa Benito Corbal. Expediente número 2827/1983 37. Denuncia da Policía Municipal a José Ignacio Casal Rivas por proferir insultos a un axente da autoridade. Expediente número: 2899/1983 38. Denuncia da Policía Municipal a Alejandro Alonso Maio por desobediencia a un axente da autoridade. Expediente número 2929/1983 39. Oficio da Policía Municipal informando de incendio en propiedade de Claudio Piñeiro Tilve no lugar de Ramallás (Lérez). Expediente número: 3023/1983 40. Oficio da Policía Municipal comunicando incendio nunca vivenda na Avenida de Vigo, 86 ocupada por Francisco Abilleira Barral. Expediente número 3024/1983 41. Denuncia da Policía Municipal a Manuel Bernárdez Tato por circular con vehículo con exceso de peso máximo autorizado infrinxindo bando da alcaldía. Expediente número 3025/1983 42. Denuncia da Policía Municipal por intento de roubo no establecemento Bar Gloria sito na Avenida de Santa María. Expediente número 3106/1983 43. Oficio da Policía Municipal informando de incendio en vehículo propiedade de José Dios Vidal, que conducía José Moldes Corbacho. Expediente número: 3017/1983 44. Denuncia da Policía Municipal a José Luis Casalderry por causar accidente de circulación. Expediente número: 3110/1983 45. Denuncia da Policía Municipal a Justo Soto Aldaya por non retirar un vehículo estacionado na zona reservada de Pasarón. Expediente número 3111/1983 46. Oficio da Policía Municipal informando do requerimento de coche de bombeiros para entrar en vivenda propiedade de Carlos Rodríguez Rodríguez. Expediente número 3216/1983 47. Oficio da Policía Municipal informando de incendio en vivenda na Avenida de Vigo. Expediente número 3217/1983 48. Oficio da Policía Municipal informando da rotura de tubaxe de sumidoiro na Avenida de Buenos Aires que provocou un camión propiedade de Comercial Terrestre Marítima S.L". Expediente número: 3218/1993 49. Oficio da Policía Municipal comunicando o roubo no establecemento Milord na galerías da Rúa Oliva. Expediente número 3219/1983 50. Oficio da Policía Municipal informando da actuación dos bombeiros en Paseo de Colón, 12. Expediente número 3221/1983 51. Denuncia da Policía Municipal a Ramón Crespo Filgueira por actitude agresiva e proferir insultos tras denuncia por maniobra ilegal. Expediente número: 3223/1983 52. Oficio da Policía Municipal comunicando a morte por suicidio de José Vázquez Andón. Expediente número 3224/1983 53. Oficio da Policía Municipal informando do roubo de barbería na rúa Benito Corbal. Expediente número 3398/1983 54. Oificio da Policía Municipal informando de incendio no edificio número 42 da rúa Joaquín Costa, propiedade de Francisco Otero Lores. Número de expediente: 3399/1983 55. Oficio da Policía Municipal informando da captura de cans vagabundos. Expediente número 3434/1983 56. Oficio da Policía Municipal informando da pintada na rúa Figueroa co seguinte texto: " Golpearemos aos opresores; 17, Viva a loita armada ". Número de expediente: 3485/1983 57. Denuncia da Policía Municipal a María del Pilar Quiñones por depositar verdura na beirarrúa do mercado municipal. Expediente número 3486/1983 58. Denuncia da Policía Municipal por carteis de propaganda da discoteca Saturday pegados na cidade de Pontevedra. Expediente número 3489/1983 59. Oficio da Policía Municipal informando de accidente de tráfico entre dous vehículos propiedade de Apolinar Bugallo Sineiro e Rafael Viéitez Iglesias. Expediente número 3498/1983 60. Oficio da Policía Municipal comunicando accidente entre dous vehículos propiedade de Juan Mouriño Torres e Pastor Búa Iglesias. Expediente 3502/1983 61. Oficio da Policía Municipal informando de rotura de árbore nos Xardíns de Vincenti. Expediente número 3501/1983 62.Oficio da Policía Municipal informando da colisión de guindastre municipal con vehículo propiedade de Manuel Torres Cortegoso. Expediente número 3708/1983 63. Oficio da Policía Municipal comunicando incendio na rúa MIichelena nº2 no comercio de cofeccións Casalderrey. Expediente número 3709/1983 64. Oficio comunicando a celebración de manifestación de alumnos de preescolar de Maxisterio. Número de expediente: 3740/1983 65. Denuncia da Policía Municipal a tres individuos que agrediron a Carlos Lorenzo Tato, vixiante nocturno da rúas Cobián Roffignac e Daniel de la Sota. Expediente número 3954/1983 66. Denuncia da Policía Municipal a Antonio Pérez Villa por insultos e desobediencia a axentes da autoridade. Expediente número 4318/1983 67. Denuncia da Policía Municipal informando de denuncia na sede de Alianza Popular na rúa Cruz Gallastegui. Expediente número 4314/1983 68. Oficio da Policía Municipal informando de alarma de bomba no Colexio da Xunqueira (COU). Expediente número 4381/1983 69. Oficio da Policía Municipal informando de roubo no comercio de confeccións Luisabe na rúa Don Gonzalo, 9. Expediente número 4430/1983 70. Oficio da Policía Municipal informando de pancartas de propaganda electoral instaladas en diferentes rúas da cidade. Expediente número 4578/1983 71. Oficio da Policía Municipal informando de roubo de carteria na Praza de Abastos. Expediente número 4602/1983 72. Oficio da Policía Municipal comunicando diversións pouco cívicas de mozos. Expediente número 4637/1983 73. Oficio da Policía Municipal dando conta da existencia de can que mordeu a un neno nas inmediacións do estadio da Xuventude. Expediente número 4709/1983 74. Oficio da Policía Municipal dando conta de rotura de cristais dos focos antineboa de vehículo guindastre. Expediente número 4739/1983 75. Oficio da Policía Municipal informando de incendio en Condesa (Santa María de Mourente). Expediente número 4804/1983 76. Comunicación do Xulgado de Distrito nº1 solicitando a comparencia de dous policías municipais para asistir a xuízo de faltas. Expediente número 3589/1983 77. Oficio da Policía Municipal informando de inundación no soto do Liceo Casino. Expediente número 4805/1983 78. Denuncia da Policía Municipal informando de danos en vehículos por fochanca na rúa do Doutor Loureiro Crespo. Unida a reclamacións de Benigno Castro Álvarez e Ana María Ampudia Boullosa. Expediente 4881/1993 79. Oficio da Policía Municipal informando de incidente con Manuel Carlos da Silva Magalhaes. Expediente número 4928/1983 80.Denuncia da Policía Municipal a Valentín Tobío Iglesias por pegar carteis de propaganda anunciando a " Festa dos nenos" sen autorización municipal. Expediente número 4964/1983 81. Oficio da Policía Municipal informando de insultos proferidos por conductor descoñecido. Expediente número 4966/1983 82. Oficio da Policía Municipal informando de roubo na sucursal de Caja de Ahorros sita rúa dos Ferreiros. Expediente número 5062/1983 83. Oficio da Policía Municipal informando de roubo nos establecementos de Radio Pontevedra. Expediente número 5064/1983 84.Oficio da Policía Municipal informando de incendio en vehículo propiedade de Daniel Centeno Ameijeiras na rúa San Antoniño. Expediente número 5065/1983 85. Oficio da Policía Municipal informando do atropelo de Gurmersindo Daniel Moldes Durán. Propietario do vehículo: Isidoro Limeses Pérez. Expediente número 5070/1983 86. Oficio da Policía Municipal informando da aparición do cadáver de Dolores Ferro González na ría frente ás Celulosas. Expediente número 5114/1983 87. Oficio da Policía Municipal informando de incendio na rúa San Antoniño. Expediente número 5182/1983 88. Oficio da Policía Municipal informando da localización dun menor perdido ( fillo de José Manuel Expósito Fernández. Expediente número 5183/1983 89. Oficio da Policía Municipal informando de incendio de camión propiedade de Julio Barcia Portela. Expediente número 5331/1983 90. Oficio da Policía Municipal informando do falecemento de José Manuel Abal Novoa ( 15 anos ) por afogamento no río Lérez. 91. Ramón Piñeiro Mareque comunica que encontrou unha bicicleta marca RABASA no portal da súa casa. Expediente número 7467/1983
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Pontevedra (Tema) (Creador)