Fondos
Expedientes de festexos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36016.AM.DOZ.3-.GF003.F0011.SF117.S0928
Título Expedientes de festexos
Data(s) 1983-2011 (Creación)
Volume e soporte 6 unidades de instalación con 11 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Dozón(1836-2015) O concello de Dozón sitúase ó nordeste da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Lalín e Rodeiro. Ocupa unha superficie superior ós setenta e un quilómetros cadrados cun total de 53 entidades de poboación dispersas en oito parroquias diferentes: Bidueiros, O Castro, Dozón, As Maceiras, Saa, Sanguiñedo, O Sisto e Vilarello, nas que residen algo máis de dous mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de dúas xurisdiccións: a de Deza, na que o señorío correspondía ó conde de Lemos e que ocupaba as parroquias de Sanguiñedo e Sisto; e a de Dozón, con xurisdicción real e que comprendía as parroquias restantes. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Saa e no Castro; este proceso culmina en 1836, dentro do que entón era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Dozón, queda integrado por nove parroquias, as que aínda hoxe o compoñen e a de San Pedro de Mosteiro. Esta parroquia será suprimida no arranxo parroquial de 1890 e divididos os seus fregueses nas parroquias de Dozón e Bidueiros. Así mesmo tense constancia de varias modificacións da capitalidade do concello ata a actualidade que se sitúa no lugar de O Castro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Dozón
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Os expedientes de festexos tramítanse en relación á celebración de calquera tipo de festa, verbena, espectáculo ó aire libre ou similar no termo municipal, no cal o concello teña presenza dun ou doutro xeito, ben a través de concesión de licenza ou ben a través de apoio institucional, excluíndo salas de festas e espectáculos privados considerados actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas que irían no seu correspondente apartado (3.01.) A serie específica máis recorrente quizais sexan son os expedientes tramitados polos concellos para a concesión de licenza para a celebración de festexos ou autorización dos mesmos. Na maior parte dos casos son instruídos despois da solicitude do presidente das comisións para a celebración das festas patronais das parroquias, debendo ser ordenados cronoloxicamente por anos de concesión.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Dozón (Tema) (Creador)