ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de reposición da legalidade urbanística por construción de muro de peche de José Ramón Suárez Vibel (2004-2017)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 3.GF002.F0007.SF086.SF090.S0700.2.472/1

  • Título Expediente de reposición da legalidade urbanística por construción de muro de peche de José Ramón Suárez Vibel (2004-2017)

  • Data(s) 2004 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Barro(1936-2015) O concello de Barro sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra e linda cos concellos de Pontevedra, Moraña, Portas e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados cun total de cincuenta e tres entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Agudelo, Barro, Curro, Perdecanai, Portela e Valiñas, nas que residen algo máis de tres mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Peñaflor, na que o señorío pertencía ó conde de Graxal. No proceso de establecemento constitucional dos concellos este territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, correspondía ó concello de Trasumia; será no ano 1836, dentro da planificación definida para o antedito partido xudicial, cando se establece o concello de Barro coas mesmas parroquias e disposición territorial que mantén hoxe.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Barro

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de reposición de legalidade urbanística por construción de muro de peche. Denunciado: José Ramón Suárez Vibel. Situación Búa. nº 20 - Barro. Contén: - Expediente de reposición da legalidade urbanística por obras de construción de estrutura metálica. Denunciado: José Ramón Suárez Vibel. - Expediente de denuncia por construción de terraza sen licenza. Denunciante: José Ramón Suárez Vibel. Denunciada: Dolores Pulleiro Sayáns. Situación: Búa. nº 19. - Expediente de denuncia por muro de peche por bloques rectangulares de granito. Denunciante: José Ramón Suárez Vibel. Denunciada: Dolores Pulleiro Sayáns. Situación: Búa. nº 19. - Expediente de denuncia polo estado de abandono da parcela colindante. Denunciante: José Ramón Suárez Vibel. Denunciada: Dolores Pulleiro Sayáns. Situación: Búa. nº 19. - Expediente de dilixencias previas. procedemento abreviado nº 299/2006 por levantamento de muro de peche no lugar de Búa. - Expediente de denuncia urbanística por peche no lugar de Búa nº 19. presentado na Xunta de Galicia (copia). Denunciante: Pablo Suárez Vázquez. Denunciada: Dolores Pulleiro Sayáns. - Expediente de solicitude de iniciación de expediente administrativo sancionador. Denunciante: Dolores Pulleiro Sayáns. Denunciado: José Ramón Suárez Vibel. Situación: Búa. nº 20. - Expediente de reposición da legalidade urbanística por obras de construción de muro e recheo. Denunciado: José Ramón Suárez Vibel. Denunciante: Dolores Pulleiro Sayáns. - Expediente de reposición da legalidade urbanística nº PON/133-2013-RP1. relativo a muros de contención e peche no lugar de Búa. Denunciado: José Ramón Suárez Vibel. Contén: - Fotografías e planos.

Área de notas

  • Nota Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores

Puntos de acceso

Área de control da descrición