Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36028.AM.MEI.2.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1930-2014 (Creación)
Volume e soporte 8 unidades de instalación; 29 libros;1.246 actas de sesión
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Meis(1836-2015) O concello de Meis abarca a parte noroccidental do Castrove chegando ata o Umia, linda cos concellos de Vilanova de Arousa, Portas, Barro, Poio, Meaño e Ribadumia e está integrado no partido xudicial de Cambados. Conta cunha superficie de 52 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en 96 entidades de poboación e sete parroquias: A Armenteira, San Martiño e San Salvador de Meis, San Tomé, San Lourenzo e San Vicente de Nogueira e Paradela. Historicamente estivo integrado na provincia de Santiago, con diferentes xurisdiccións: a de Cambados, con señorío do conde de Monterrei; a de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; e as da Lanzada e Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago. Créase constitucionalmente este concello no ano 1836, dentro da configuración definitiva do partido xudicial de Cambados, coas mesmas parroquias actuais, sen máis cambios nestes anos de existencia que no referente á situación da súa capitalidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Meis
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do Concello, asinadas alomenos polo secretario e o Alcalde. É un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Meis (Tema) (Creador)