Fondos
1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.2.GF001.F0006
Título 1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Data(s)
Volume e soporte
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función: F0006. 1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0551.6.1.Xestión do orzamento SF0561.6.1.1.Plans e programas de investimentos SF0571.6.1.2.Aprobación do presuposto SF0581.6.1.3.Modificación das presuposto SF0591.6.1.4.Conta xeral e liquidación do orzamento SF0601.6.1.5.Documentos contables de ingreso SF0611.6.1.6.Documentos contables de pago SF0621.6.1.7.Libros e rexistros contables SF0631.6.1.8.Arqueos e xestión bancaria SF0641.6.1.9.Financiamento SF0651.6.1.10.Xestión de terceiros SF0661.6.1.11.Obrigacións fiscais con outras administracións SF0671.6.1.12.Participación en tributos supramunicipais SF0681.6.2.Fiscalización económico-financeira SF0691.6.3.Xestión tributaria SF0701.6.3.1.Impostos SF0711.6.3.2.Taxas e prezos públicos SF0721.6.3.3.Contribucións especiais SF0731.6.3.4.Inspección tributaria SF0741.6.3.5.Cobros de ingresos de dereito público SF0751.6.3.6.Recadación executiva SF0761.6.4.Subvencións SF0771.6.4.1.Subvencións recibidas SF0781.6.4.2.Subvencións outorgadas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)