Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36902.AM.CERCOT.5.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1896-2010 (Creación)
Volume e soporte 12 unidades de instalación; 53 agrupacións documentais; 1422 actas de sesións
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cerdedo(1836-2015) O concello de Cerdedo enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 49 entidades de poboación dispersas en 79 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de 4.000 habitantes. Fórmano na actualidade un total de oito parroquias: Castro, Cerdedo, Figueroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen a totalidade das parroquias deste concello. Estaba enclavado inicialmente no Partido Xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, territorio no que viña funcionando a finais do século XVIII e primeiros do XIX de forma irregular o concello de Figueroa. Na definitiva constitución dos concellos de 1836 establécese para o Partido Xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase este último cun total de nove parroquias, unha máis das actuais, sendo a de Santa María de Castrelo segregada e incorporada ó concello de Forcarei no ano 1872. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cerdedo-Cotobade
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cerdedo (Tema) (Creador)