ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.4. Alcaldía. Presidencia

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF001.F0001.SF004

  • Título 1.1.4. Alcaldía. Presidencia

  • Data(s) 1949-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 17 unidades de intalación: 78 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF004.
    1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0021SF004Disposicións
    S0022SF004Anuncios
    S0023SF004Rexistro de anuncios
    S0024SF004Autos
    S0025SF004Bandos
    S0026SF004Rexistro de bandos
    S0027SF004Decretos
    S0028SF004Rexistro de decretos
    S0029SF004Edictos
    S0030SF004Rexistro de edictos
    S0031SF004Resolucións
    S0032SF004Rexistro de disposicións
    S0033SF004Libro rexistro de autos
    S0034SF004Libro rexistro de resolucións da Alcaldía
    S0035SF004Certificación da Alcaldía
    S0036SF004Certificación de alcaldía pedánea e curas párrocos
    S0037SF004Correspondencia da Alcaldía
    S0038SF004Informe da Alcaldía
    S0039SF004Informe de alcaldía pedánea e curas párrocos
    S0040SF004Expediente gobernativo
    S0041SF004Expediente de achados de bens sen dona ou dono
    S0042SF004Expediente de apercibimentos
    S0043SF004Expediente de arrendamentos de bens nacionais
    S0044SF004Expediente de cédulas persoas
    S0045SF004Expediente de denuncias
    S0046SF004Rexistro gobernativos
    S0047SF004Libro rexistro de denuncias
    S0048SF004Expediente do documental nacional de identidade
    S0049SF004Expediente de incautación, ocupación e devolución terreos
    S0050SF004Expediente de lotería
    S0051SF004Expediente de multas
    S0052SF004Libro rexistro de multas
    S0053SF004Expediente de nomeamentos de gardas xurados
    S0054SF004Expediente de salvocondutos e pasaportes
    S0055SF004Libro rexistro de salvocondutos e pasaportes
    S0056SF004Expediente de sancións gobernativas
    S0057SF004Expediente xudicial
    S0058SF004Actas de comparecencia
    S0059SF004Actas de conciliación
    S0060SF004Actas de matrimonio
    S0061SF004Actas de causas civís
    S0062SF004Actas de causas criminais
    S0063SF004Rexistro xudiciais
    S0064SF004Libro rexistro de bastárdelos
    S0065SF004Libro rexistro de penas de cámara
    S0066SF004Libro rexistro de sentenzas
    S0067SF004Actividades institucionais da Alcaldía
    S0068SF004Matrimonios civís e parellas de feito

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición