ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2. XESTIÓN DO TERRITORIO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF002

  • Título 2. XESTIÓN DO TERRITORIO

  • Data(s) 1919-2018 (Creación) 1965 - (Produción) - 1974 (Produción)

  • Volume e soporte 514 unidades de instalación; 4442 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF002.
    2.-XESTIÓN DO TERRITORIO
    
    Densenvólvese nas seguintes funcións::
    
    F0007 2.1.URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    F0008 2.2.SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    F0009 2.3.ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)

Área de control da descrición