ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Libro de visitas da Confradía e capela de San Miguel (1652-1746)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.3.26/G/9

  • Título Libro de visitas da Confradía e capela de San Miguel (1652-1746)

  • Data(s) 1652-1746 (Produción)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1652 - 1746. Libro de Visitas da "[Confradía] e Capela de San Miguel (colocada) na [Igrexa] de Santa María a Grande de 1652". Visitas e notas da Confradía dende 24 de xullo de 1652 á 1746. 19 folios moi escachados. Sinatura: Gremio de Mareantes, G-9

Área de notas

  • Nota Erro na dixitalización: faltan dúas páxinas entre as imaxes 27-28 Erro na dixitalización: falta por dixitalizar a última páxina do documento

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición