Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36014.AM.CRE.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1843-2013 (Creación)
Volume e soporte 43 unidades de instalación; 203 agrupacións documentais; 4759 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Crecente(1836-2015) O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Crecente
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Crecente (Tema) (Creador)