Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36020.AM.AGO.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1840-2013 (Creación)
Volume e soporte 31 unidades de instalación; 239 agrupacións documentais; 5422 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Agolada(1836-) Nas primeiras divisións xudiciais, cando Galicia aínda era unha única provincia, foi adscrito ó partido xudicial de Melide e en 1822 ó de Lalín no que permanece dende esa data. As parroquias do concello na etapa previa ó seu establecemento constitucional adscribíanse ás xurisdiccións de Abeancos, Boente, Borraxeiros, Camanzo, Carmoega, Ventosa e o Couto de Sesto, todas elas na provincia de Santiago; e ás xurisdiccións de Toques e de Basadre na de Lugo. Ó amparo do R.D. do 23 de xullo de 1835 confórmase o novo concello, xunto cos outros do partido xudicial de Lalín, substituíndo ós que daquela viñan funcionando en Basadre, Ventosa e Borraxeiros. No ano 1836 constitúese definitivamente este concello quedando integrado polas parroquias de: Agra, Artoño, A Baíña, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brántega, Brocos, Carmoega, Eidián, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlín, Órrea, Ramil, Santa Comba, San Paio de Bais, Sesto, O Sexo, As Trabancas, Val de Sangorza, Ventosa e Vilariño. Esta situación permanece sen alteracións significativas dende aquela.
Institución arquivística Arquivo municipal de Agolada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Agolada (Tema) (Creador)