Fondos
1.6.3.1. Impostos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0006.SF069.SF070
Título 1.6.3.1. Impostos
Data(s) 1925-2010 (Creación)
Volume e soporte 184 unidades de instalación; 494 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0006 Subfunción SF070 1.6.3.1. Impostos Desenvólvese nas seguintes series : S0531SF070Modificacións dos padróns dos impostos (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes) S0532SF070Reclamacións e recursos de xestión tributaria S0533SF070Padróns do imposto de bens inmobles rústicos S0534SF070Reclamacións e recursos ao imposto sobre bens inmobles (IBI) S0535SF070Modificacións do padrón do imposto sobre bens inmobles rústicos (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes) S0536SF070 Padróns do imposto de bens inmobles de urbana (IBI) S0537SF070 Reclamacións e recursos ao imposto sobre bens inmobles (IBI) S0538SF070 Modificacións do padrón do imposto sobre bens inmobles urbanos (IBI) (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes) S0539SF070Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía) S0540SF070Rexistro do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (plusvalía) S0541SF070Reclamacións e recursos ao imposto sobre o incremento do valor do solo urbano S0542SF070Matrículas do imposto de actividades económicas (IAE) S0543SF070Padróns do imposto de actividades económicas (IAE) S0544SF070Reclamacións e recursos ao imposto de actividades económicas (IAE) S0545SF070 Rectificacións ao imposto de actividades económicas (IAE) S0546SF070Modificacións do padrón do imposto de actividades económicas (IAE) (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes) S0547SF070Padróns do imposto municipal de circulación de vehículos S0548SF070Reclamacións e recursos ao imposto de vehículos de tracción mecánica S0549SF070Rectificacións ao imposto municipal de circulación de vehículos Serie S0550SF070Modificacións do padrón do imposto municipal de circulación de vehículos (altas, baixas e cambios de datos dos contribuíntes) S0551SF070Imposto sobre construcións, instalación e obras (ICIO) S0552SF070Impostos e Arbitrios S0553SF070Revisións catastrais S0554SF070Arbitrios provinciais S0555SF070Contribución por gandería independente S0556SF070Impostos de consumos S0557SF070Repartimentos xerais S0558SF070Repartimento xeral de utilidades S0559SF070Arbitrios con fins non fiscais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)