ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 24/11/2016

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.448/2

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 24/11/2016

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 170 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 24/11/2016. Asunto: 1. Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores de datas 18 e 27 de outubro de 2016. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de outubro de 2016. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá pesentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Aprobación, se procede, do reaxuste das anualidades, para as obras de mellora de instalación do mercfado de abastos 2ª Fase (Nº 01/19/2015). 5. Aprobación, se procede, do expediente de modificación de Saldos iniciais por anulación de obrigas recoñecidas pendentes de pagamento Nº 02/MSI/2016. 6. Aprobación, se procede, do convenio de arrendamento entre ADIF e o Concello de Vilagarcía de Arousa, para a posta en marcha da vía verde do Salnés. 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para a adhesión ao programa APEGO. 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo politico municipal do BNG, de apoio ás reclamacións dos traballadores do mar. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo polìtico municipal do PP, sobre melloras do entorno do campo da Pelada, en Faxilde. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobe xestións para a construción dunha rotonda na Avda. de Pontevedra para o acceso ó Hospital do Salnés. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobe sinalización e identificación con pictogramas de todos os centros socioculturais de Vilagarcía. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de Somos Maioria para a recuperación por parte do Concello de Vilagarcia de Arousa do seu servizo de publicacións. 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 15. Rogos e preguntas. 16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesion.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición