ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 28/12/2017

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.453/1

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 28/12/2017

  • Data(s) 2017 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 120 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 28/12/2017. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da sesión anterior de data 30 de novembro de 2017. 2. Toma de coñecemento dos decretos da alcaldía emitidos no mes de novembro de 2017. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Toma de coñecemento da nova composición do grupo político do PP, designación de voceira e representación nas Comisións Informativas e Organos Colexiados. 5. Toma de coñecemento da cancelación do Plan de axuste municipal. 6. Aprobación, se procede, de recoñecemento extraxudicial de créditos. 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, de nomeamento a título póstumo, de D. Santiago Iglesias Pedrido como fillo adoptivo de Vilagarcía de Arousa. 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobre conexión informática dos cemiterios municipais á base de datos centro do concello, así como de melloras en accesibilidade e arranxo da capela. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polos voceiros dos grupos políticos municipais de EU e Somos Maioría, solicitando o traslado da locomotora "Sar" ao Museo do Ferrocarril de Vilagarcía de Arousa. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, contra a subida de peaxes na AP-9. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSdG-PSOE sobre prevención de incendios e construción dun centro de interpretación da Illa de Cortegada. 12. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 13. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 14. Rogos e preguntas. 15. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición