Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.2.GF001.F0001.SF003 
- Título 1.1.3. Pleno 
- Data(s) 1542 - 2015 (Creación) 1999 - (Produción) - 2015 (Produción) 
- Volume e soporte 109 unidades de instalación; 757 agrupacións documentais; 7193 rexistros 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Baiona(1836-) O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: 
 .- Libro de actas do Pleno
 O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde .
 Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
 .- Expedientes de sesións do Pleno
 Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc.
 .- Mocións
 Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
- Organizació - Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Baiona (Tema) (Creador) 
 
 