ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.6.1.2. Aprobación do presuposto

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36056.AM.VAL.2.GF001.F0006.SF055.SF057

  • Título 1.6.1.2. Aprobación do presuposto

  • Data(s) 1850-2012 (Creación)

  • Volume e soporte 142 unidades de instalación; 340 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Valga(1836-) O territorio do concello de Valga sitúase no noroeste da provincia de Pontevedra, configurado polo leito do río Ulla, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Dodro, Pontecesures, A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis e Catoira. Ocupa unha superficie superior ós trinta e oito quilómetros cadrados, con cincuenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias actuais: Campaña, Cordeiro, Setecoros, Valga e Xanza, nas que residen máis de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Cordeiro e de Padrón, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove planéase inicialmente a creación do concello de Cordeiro, integrado por dez parroquias e con capitalidade no lugar de Forno; no remate do proceso modifícase sensiblemente esta pretensión inicial e xorden dous concellos diferentes: Valga, con seis parroquias, e Catoira, con outras catro, formando parte os dous do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Posteriormente, en 1925, producirase a segregación da Entidade Local Menor de Pontecesures e, polo tanto, desa parroquia para formar un concello independente; o concello de Valga dende entón queda coa súa fisionomía actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Valga

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF057
    1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0410SF057Anteproxecto do presuposto
    S0411SF057Expediente xeral do presuposto ordinario
    S0412SF057Expediente xeral do presuposto extraordinario
    S0413SF057 Expediente xeral do presuposto de investimentos
    S0414SF057 Expediente xeral do presuposto adicional
    S0415SF057 Estatística presupostaria
    S0416SF057 Conta de valores independentes e auxiliares do presuposto
    S0417SF057Conta de valores anuais especiais de operacións alleas ao presuposto
    S1041SF057Planificación económico-financeiras
    S1042SF057Prórroga do presuposto

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Valga (Tema) (Creador)

Área de control da descrición