ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Libro de actas de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36008.AM.CAN.2.GF001.F0001.SF003.S0020

  • Título Libro de actas de sesións do Pleno

  • Data(s) 1858-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 26 unidades de instalación; 90 agrupacións documentais; 4447 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cangas(1836-2015) O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e o Océano Atlántico. No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cangas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.

  • Organizació

    F0001 Función
    SF003 Subfunción
    S0020 Serie

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cangas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición