ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.826
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.3.2 Regulación da actividade agrícola

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF002.F0009.SF100

  • Título 2.3.2 Regulación da actividade agrícola

  • Data(s) 1838-1939 (Creación)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 21 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Guarda(1836-2015) O concello da Guarda sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, separado de Portugal polo río Miño na súa desembocadura, configurado polos montes do sistema da Grova, especialmente o de Santa Trega. Ten unha superficie superior ós 18 quilómetros cadrados, moi inferior á maior parte dos concellos de Pontevedra, nos que residen ó redor de dez mil habitantes asentados en 36 entidades de poboación, distribuídas en tres parroquias: Camposancos, A Guarda e Salcidos. Este territorio integrábase no antigo réxime en dúas xurisdiccións: a de Barrantes, que inclúe a parroquia de Camposancos, con señorío dos propios veciños e que derivará co tempo na constitución da súa Entidade Local Menor; e a xurisdicción da Guarda con señorío do bispo e Cabido de Tui, que incluía as parroquias da Guarda e Salcidos. Créase o concello constitucional da Guarda dentro do Partido Xudicial de Tui no ano 1836 cunha configuración ben diferente á actual, integrado daquela por sete parroquias cun total de 11.500 almas. Xa no ano 1844 iníciase o expediente de segregación das parroquias que darán lugar ó actual concello do Rosal (O Rosal, As Eiras e San Xoán e San Miguel de Tabagón), proceso que será efectivo en 1847, situación que se reverterá en 1851 e que se fará definitiva no ano 1854. Dentro deste concello no ano 1903 recoñécese de forma legal a Xunta Administrativa de Camposancos e en 1925 a creación definitiva da Entidade Local Menor que vén funcionando ata a actualidade nesta parroquia.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0009
    Subfunción SF100
    2.3.2Regulación da actividade agrícola
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0790SF100Expediente de actividades agropecuarias
    S0791SF100Expediente de subvencións a actividades agropecuarias
    S0792SF100Expediente de extinción de pragas
    S0793SF100Censos, estatísticas e declaracións agropecuarias
    S0794SF100Padróns e censos de agricultores
    S0795SF100Fomento do sector agrícola
    S0796SF100Danos á agricultura por pragas ou fenómenos meteorolóxicos adversos
    S0797SF100Expediente do Pósito Agrícola
    S0798SF100Premas do Pósito Agrícola
    S0799SF100Certificacións de débito do Pósito Agrícola
    S0800SF100Contas do Pósito Agrícola
    S0801SF100Escrituras de obriga do Pósito Agrícola
    S0802SF100Préstamos do Pósito Agrícola
    S0803SF100Repartimentos de gran e capital, poxas de trigo
    S0804SF100Actas de arqueo de medición de gran
    S0805SF100Cartas de pagamento do Pósito Agrícola
    S0806SF100Cadernos de compra do Pósito Agrícola
    S0807SF100Entrada de gran do Pósito Agrícola
    S0808SF100Entrada de capital do Pósito Agrícola
    S0809SF100Intervención do Pósito Agrícola
    S0810SF100Inventario de bens do Pósito Agrícola
    S0811SF100Libramentos do Pósito Agrícola
    S0812SF100Obrigas a favor do Pósito Agrícola
    S0813SF100Partes mensuais e movementos de fondos
    S0814SF100Recibos do Pósito Agrícola
    S0815SF100Relacións de debedores do Pósito Agrícola
    S0816SF100Saídas de capital do Pósito Agrícola
    S0817SF100Saídas de gran do Pósito Agrícola

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Guarda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición