ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

  • ES.GA.36038.AMUPO.42.. MANUEL QUIROGA LOSADA

MANUEL QUIROGA LOSADA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.42.

  • Título MANUEL QUIROGA LOSADA

  • Data(s) 1788 - 1971-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte Trinta e dúas caixas de arquivo e once discos de baquelita

Área de contexto

  • Nome do produtor Manuel Quiroga Losada(1892-1961) O violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada (1892-1961) foi un dos personaxes de maior repercusión nacional e mesmo internacional que deu a Boa Vila. Á súa faceta como intérprete e compositor musical hai que engadir a habilidade como pintor e caricaturista. Neno prodixio no manexo do violín, iniciou os seus estudos musicais en Madrid, pasando logo a ingresar no Conservatorio de París en 1909, centro onde era realmente difícil entrar. Casado coa pianista e compañeira de interpretación Marta Leman, alcanzou fama internacional, dando concertos por todo o mundo e relacionándose cos máis prestixiosos músicos do momento. Un desgraciado accidente retirouno dos escenarios cando estaba no momento máis brillante da súa carreira musical

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística O arquivo mantívose en mans da familia ata o seu ingreso no Museo. Na súa ordenación e catalogación interviron Fernando Otero Urtaza, Mª Jesús Fortes Alén e, por último, adaptando a catalogación das partituras ás regras do Ministerio de Cultura, Estrella Omil Ignacio. A catalogación dos discos correu a cargo de Ángela Comesaña Martínez

  • Forma do ingreso O arquitecto Emilio Quiroga foi o herdeiro de todo o arquivo do seu irmán. Como patrono do Museo, fixo doazón de todos os materiais no ano 1972

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O contido desta colección é moi variado. Nel atópanse gran número de partituras, tanto da biblioteca musical de Manuel Quiroga coma os borradores orixinais das súas propias composicións, os discos das interpretacións propias, os dosieres coa información das xiras, a correspondencia, etc

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo ningún expurgo

  • Novos ingresos Non se produciron

  • Organizació

    1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     1.1.CORRESPONDENCIA
     1.2.TÍTULOS E DIPLOMAS
     1.3.TESTAMENTO
    
    2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
     2.1.CONTRATOS
     2.2.PREMIOS, HOMENAXES E DEDICATORIAS
     2.3.INSTRUMENTOS
    
    3.COLECCIÓNS FACTICIAS
     3.1.PARTITURAS
     3.1.1.Partituras propias
     3.1.1.1.Impresas
     3.1.1.1.Orixinais manuscritos
     3.1.2.Partituras de outros autores
     3.2. ÁLBUMES DAS SÚAS XIRAS
     3.3.RECORTES DE PRENSA E REVISTAS
     3.4.FOTOGRAFÍAS
     3.5.DISCOS
     3.6.CARTEIS E PROGRAMAS DE CONCERTO

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Libre agás os discos e materiais en mal estado ou encadernados

  • Instrumentos de descrición Catálogo en papel inédito das partituras, inventario do resto da documentación e catálogo dos discos publicado

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñecen outros documentos fóra do Museo

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen copias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Manuel Quiroga Losada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición