Fondos
46/6/2. Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1667-1669)
-
46/6/2/1. Venta do lugar "dos Frades" na freguesía de San Estevo de Negros (1667)
-
46/6/2/3. Venta do souto e toxal chamado de "Agrochan" na freguesía de San Estevo de Negros (1667)
-
46/6/2/8. Venta da metade da herdade chamada "Pescadeira de Orneiros" na freguesía de Amoedo (1667)
-
46/6/2/10. Autorización para exercer o oficio de toneleiro (1667)
-
46/6/2/12. Venta de varios bens en Santiago de Borbén (1667)
-
46/6/2/15. Venta da leira de herdade "da Veiga Dasnelle" (1667)
-
46/6/2/19. Arrendamento dunha casa con soto e sobrado na Vilavella (1667)
-
46/6/2/26. Fianza para prover de víveres os hospitais reais de Tui (1667)
-
46/6/2/29. Venta da herdade "da Coutada" en Santiago de Arcade (1667)
-
46/6/2/32. Venta dunha parte e quiñón da herdade de "Sobre do Rego" (1667)
-
46/6/2/33. Testamento de Antonio de Valladares, veciño da vila de Redondela (1667)
-
46/6/2/34. Venta da herdade "da Cabadiña do Moyño Vello" (1667)
-
46/6/2/36. Poder de representación para comparecer ante o rei e o seu consello de guerra (1667)
-
46/6/2/37. Poder outorgado polo convento da illa de San Simón para cobrar unha débeda (1667)
-
46/6/2/38. Venta da viña e parra "do Padrón" en Santa María do Viso (1667)
-
46/6/2/40. Testamento e manda de María de Oubiña veciña de Redondela (1668)
-
46/6/2/43. Arrendamento dunha parte de herdade "da Barcia" en Cepeda (1668)
-
46/6/2/44. Venta da devesa de "Bajo de las Colmenas" en Cepeda (1668)
-
46/6/2/52. Venta dunhas leiras da herdade "do Pereiro" (1669)
-
46/6/2/53. Compromiso de retirarse dunhas querelas emprendidas por insultos persoais (1669)
-
46/6/2/55. Venta de varios bens en San Sadurniño de Amoedo (1669)
-
46/6/2/56. Venta de parte dunha casa coa renda anual á igrexa da vila de Redondela (1669)
-
46/6/2/59. Traspaso das rendas do beneficio curado de San Paio de Moscoso (1669)
-
46/6/2/60. Arrendamento de froitos na aldea de Vilar do Mato (1669)
-
46/6/2/61. Arrendamento de froitos na aldea de Castiñeira (1669)
-
46/6/2/62. Arrendamento que fai Baltasar de Araujo y Castro, abade de Santa María de Reboreda (1669)
-
46/6/2/65. Traspaso do foro da cavada e coutada do Lagoeiro na aldea de Vilar do Mato (1669)
-
46/6/2/67. Concordia nun preito acerca do prezo dunha vivenda (1669)
-
46/6/2/69. Venta da herdade "do Barreiro" en Santa María de Reboreda (1669)
-
46/6/2/71. Traspaso duns bens en Santa María de Reboreda (1669)
-
46/6/2/72. Ratificación dunha venta que se fixera verbalmente (1669)
-
46/6/2/73. Concordia nun preito acerca do prezo dunha vivenda e outros bens (1669)
-
46/6/2/74. Concordia nun preito acerca do prezo dunha viña (1669)
-
46/6/2/79. Venta de varios bens en San Pedro de Cesantes (1669)
-
46/6/2/81. Poder de representación para facer unha demanda acerca dun gando (1669)
-
46/6/2/82. Poder outorgado para reclamar unha herdanza (1669)
Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1667-1669)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.46.1.4.2.46/6/2
Título Protocolo de Joan de la Iglesia, notario de Redondela (1667-1669)
Data(s) 1667-1669 (Creación) 1667-00-00 - 1669-00-00 (Produción)
Volume e soporte 138 follas, 310 x 215 mm, papel
Área de contexto
Nome do produtor Casto Sampedro Folgar(1848-1937) Casto Sampedro Folgar, nado en Redondela o 15 de novembro de 1848 e finado en Pontevedra o 8 de abril de 1937, foi un folclorista e investigador da arqueoloxía galego. Os seus pais, Ramón Sampedro e Asunción Folgar, tiveron en total nove fillos dos cales Casto era o máis pequeno. A súa familia, era veciña desta vila e grazas aos estudos do propio Casto hai datos de abondo sobre a familia paterna, que investigou ansiosamente. Porén, só se coñece que a familia de súa nai procedía de Santiago de Compostela. Por parte do pai hai datos que indican que estaba afincada en Redondela e que aparecía moi unida á vila desde o século XVIII. Ademais hai que ter en conta que pola parte paterna xa desde o seu bisavó todos os homes da familia estiveron vinculados ao mundo das leis, dato importante e de sumo interese para a súa biografía. O autor comezou a carreira eclesiástica, como o seu irmán Ricardo, primeiro no Seminario de Tui e logo no de Ourense, lugar onde se inicia como músico. Á saída do Seminario vai á facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, rematando a licenciatura en 1872 e matriculándose como avogado en Redondela. En 1875 opúxose ás actitudes do xuíz de 1ª instancia e isto fixo que se trasladase á cidade de Pontevedra. Nesta cidade abriu o seu bufete e casou con Josefa Mon Landa, filla de Alejandro Mon Landa, coa que tivo sete fillos, ningún deles con descendencia e todos letrados. Na súa casa tiña un despacho onde se atopaba unha das mellores bibliotecas de Galiza con obras sobre arqueoloxía, historia e folclore. Alí, ademais, sucedían concorridos parladoiros de xente de pé que entraba e saía continuamente da casa do autor pontevedrés. Fundou a Sociedad Arqueológica de Pontevedra en 1894, lugar onde recuperou e axuntou valiosísimos fondos arqueolóxicos, epigráficos, heráldicos. Foi un grande erudito do seu tempo e un dos mellores formados, xa que tiña coñecementos das linguas clásicas, dominio da epigrafía e da paleografía, ademais de ser un excelente musicólogo. O Cancionero musical de Galicia foi un dos seus mellores traballos. Tamén foi o mellor heraldista galego da súa época. Interesouse moito polos distintos gremios, a súa forma de traballar, os contratos, o léxico que empregaban,... Entre os recoñecementos que aceptou, algo estraño porque non quería ningún tipo de recoñecemento público, destaca ser membro Numerario Fundador da Real Academia Galega, correspondente da de Historia e Belas Artes, presidente da Comisión de Monumentos, Cronista da Provincia e primeiro director do Museo Provincial de Pontevedra, Deputado Provincial e Vicepresidente da Corporación... Na súa personalidade destaca a súa modestia, xa que non lle gustaba participar en actos públicos, nin asinar as obras que el escribía, así como artigos. Por este motivo se conservan tan poucas obras del, xa que non se sabe con certeza cales foron as obras que eran propiamente súas. Si se sabe que son da súa autoría o Cancionero Musical de Galicia, algúns artigos e un poema en galego elaborado na súa época de mocidade, en 1872, en Vigo. Todo o labor realizado por Casto Sampedro Folgar tiña que ver co interese que lle suscitaba todo o que xiraba ao redor do coñecemento de tradicións, historia, cultura e antropoloxía en xeral. Por esta razón é moi comprensíbel que fose el e non outro a persoa que iniciou a recolleita do Cancionero Musical de Galicia. Todos os seus intereses encamiñábano a poder elaborar unha obra de tan grande magnitude. Mantiña unha actitude cordial coa xente da que adoitaba estar rodeado e unha especial relación con Víctor Said Armesto, a persoa que colaborou con el na elaboración do Cancionero Musical de Galicia. Por outra parte, el foi un dos que impulsou a famosos debuxantes e fotógrafos que por aquela época colaboraban na Sociedad Arqueológica con Casto Sampedro. Hoxe moitas das obras destes fotógrafos consérvanse, en certo sentido, grazas á figura deste autor. A nivel histórico, a figura de Casto Sampedro Folgar foi a continuación de Manuel Murguía, feito que indica a grande importancia que debía de ter o autor na época xa que foi considerado o sucesor de Murguía tras a súa morte. Por outra parte, mantivo tamén contacto con personaxes como Castelao, a quen animou a continuar co debuxo e coa arte da caricatura. Morreu na casa dos xardíns de Pontevedra que levan o seu nome o 8 de abril de 1937 con máis de 90 anos de idade.
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1667-1669 Protocolo notarial de Joan de la Iglesia. 138 fols. de papel, 310 x 215 mm. Bo estado Preceden dous folios sen paxinar que conteñen un índice das escrituras. Sinatura: Sampedro, 6-2
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Casto Sampedro Folgar (Tema) (Creador)