ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

FRANCISCO JAVIER SÁNCHEZ CANTÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.47.

  • Título FRANCISCO JAVIER SÁNCHEZ CANTÓN

  • Data(s) 1891-1971 (Creación) 0189-00-00 - 2019-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte Cento coarenta e seis caixas de arquivo. Soporte en papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Francisco Javier Sánchez Cantón(1891-1971) Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971) foi un dos fundadores do Museo e unha das persoas que máis participou no seu desenvolvemento posterior dende os seus cargos en distintas institucións; director do Museo do Prado e das Reais Academias da Historia e de Belas Artes, decano da Universidade Complutense, etc. Por outra banda, a súa relación con diversos organismos galegos coma Instituto P. Sarmiento de Estudos Galegos, foi moi intensa e mantívose ó longo da súa vida

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística O arquivo persoal de Sánchez Cantón ingresou no Museo tras a súa morte por legado testamentario. Unha disposición no testamento redactado en 1963 fixo que este fondo estivese precintado ata hai pouco tempo, polo que, aínda que hai un inventario xeral dos materiais elaborado por Lara Rey Vázquez, están pendentes a clasificación e catalogación definitivas. O que si está totalmente ordenado é a serie de correspondencia, traballo feito por Mª Jesús Fortes Alén

  • Forma do ingreso Legado testamentario

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O contido do fondo abarca todas as facetas profesionais de Sánchez Cantón. Son numerosísimos os orixinais propios dos seus traballos sobre Velázquez, Goya e outros moitos temas da historia da arte. Pola súa parte, a correspondencia é un riquísimo material para coñecer o desenvolvemento do seu traballo cotián e, sobre todo, a súa implicación nos proxectos culturais galegos. Ademais dos documentos xerados por el mesmo, son moi ricas as coleccións que conseguiu reunir de materiais doutros escritores galegos. Así, teñen singular valor, só por citar algúns exemplos, as cartas autógrafas de Frei Martín Sarmiento a Dª. Constanza de Lemos y Valcárcel ou as de Manuel Murguía a Carlos Ramón Fort, director da Real Academia da Historia a finais do século XIX. O arquivo documental compleméntase cun riquísimo arquivo gráfico e coa súa vastísima biblioteca

  • Valoración, selección e eliminación Non están previstos

  • Novos ingresos Non están previstos

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     1.1. CARNÉS, TARXETAS E CERTIFICADOS PERSOAIS
     1.1.1. Civís
     1.1.2. Académicos
     1.2. DATOS ECONÓMICOS
     1.3. PREMIOS E HOMENAXES
     1.4. ESTUDOS
     1.5. CORRESPONDENCIA PERSOAL E FAMILIAR
    
    2. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
     2.1. NOMEAMENTOS PROFESIONAIS
     2.2. VIAXES
     2.3. CONGRESOS, EXPOSICIÓNS E ACTOS CONMEMORATIVOS
     2.4. FUNCIÓN DOCENTE
     2.4.1. Membro do Consejo Nacional de Educación
     2.4.2. Profesor da Universidad de Madrid
     2.4.3. Profesor da Universidad de Granada
     2.4.4. Ciudad Universitaria de Madrid
     2.5. PADROADOS E FUNDACIÓNS
     2.5.1. Museo del Prado
     2.5.2. Museo de Pontevedra
     2.5.3. Fundación Lázaro Galdiano
     2.5.4. Fundación Pastor de Estudios Clásicos
     2.5.5. Fundación Juan March
     2.5.6. Fundación Vega-Inclán
     2.5.7. Padroado da Alhambra y el Generalife
     2.5.8. Fundación Galerías Preciados
     2.5.9. Padroado Menéndez Pelayo
     2.6. CENTROS DE INVESTIGACIÓN
     2.6.1. Centro de Estudios Históricos
     2.6.2. Seminario de Estudios Galegos
     2.6.3. Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos
     2.6.4. Misión Biológica de Galicia
     2.6.5. Centro Superior de Investigacións Científicas
     2.6.6. Instituto Diego Velázquez
     2.6.7. Instituto Valencia de Don Juan
     2.7. SOCIEDADES CULTURAIS
     2.7.1. Editorial dos Bibliófilos Galegos
     2.8. REAIS ACADEMIAS
     2.8.1. Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
     2.8.1.1. Informes sobre Patrimonio
     2.8.2. Real Academia de la Historia
     2.8.2.1. Correspondencia
     2.8.3. Real Academia Española
     2.9. ACTIVIDADES HISTÓRICO ARTÍSTICAS E DEFENSA DO PATRIMONIO
     2.9.1. Patrimonio Nacional
     2.9.1.1. Lexislación e Administración do Patrimonio
     2.9.1.2. Consejo de Administración do Patrimonio da República
     2.9.2. Consejo General de Turismo
     2.9.3. Junta del Patronato del Tesoro Nacional
     2.9.4. Xunta para a Valoración, Calificación e Exportación de obras de arte
     2.9.5. Xunta de Relacións Culturais
     2.9.6. Xunta de Iconografía Nacional
     2.9.7. Dirección Xeral de Belas Artes
     2.10 ORGANISMOS INTERNACIONAIS
     2.10.1. Sociedade de Nacións
     2.10.2. ICOM
     2.10.3. Comité Internacional des Sciences Historiques
     2.10.4. Comité Internacional d'Histoire d l'Art
     2.10.5. UNESCO
     2.10.6. IFLA
     2.11. CORRESPONDENCIA PROFESIONAL
    
    3. COLECCIÓNS FACTICIAS
     3.1. DOCUMENTOS TEXTUAIS
     3.1.1. Manuscritos
     3.1.1.1. Manuscritos propios
     3.1.1.2. Manuscritos de outros autores
     3.1.2. Axendas
     3.1.3. Copias e transcricións
     3.1.4. Impresos
     3.1.4.1. Artigos e recortes de prensa
     3.1.4.2. Follas voandeiras
     3.1.4.3. Invitacións e programas
     3.2. DOCUMENTOS FIGURATIVOS
     3.2.1. Nadais
     3.2.2. Fotografías
     3.2.2.1. Pintura. Primitivos
     3.2.2.2. Debuxo
     3.2.2.3. Gravados
     3.2.2.4. Escultura
     3.2.2.5. Arquitectura
     3.2.2.6. Colección persoal
     3.2.3. Mapas e planos
    
    4. OUTROS ARQUIVOS
     4.1. ARQUIVOS DE FAMILIA
     4.2. ARQUIVOS NON FAMILIARES
     4.2.1. Manuscritos orixinais
     4.2.2. Documentos posteriores a 1971

Área de condicións de acceso e utilización

  • Instrumentos de descrición Inventario de uso interno

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Francisco Javier Sánchez Cantón (Tema) (Creador)

Área de control da descrición