ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

2.3.6. Regulación da actividade empresarial e industrial

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36048.AM.ROS.2.GF002.F0009.SF104

  • Título 2.3.6. Regulación da actividade empresarial e industrial

  • Data(s) 2002 - 2007 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación; 2 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Rosal(1847-2015) O concello do Rosal sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, lindando co río Miño, que o separa de Portugal, e cos concellos de Oia, Tomiño e A Guarda. Ten unha superficie superior ós 41 quilómetros cadrados nos que residen ó redor de seis mil habitantes asentados en entidades de poboación, distribuídas en catro parroquias: San Bartolomeu de Eiras, Santa Mariña do Rosal, San Xoán de Tabagón e San Miguel de Tabagón. Este territorio pertencía á xurisdicción da Guarda con señorío do bispado e Cabido de Tui, tendo funcionado xa nos primeiros períodos constitucionais o concello do Rosal. No ano 1836 créase o concello da Guarda dentro do partido xudicial de Tui incluíndo o territorio do actual concello. Pouco tempo despois, xa no ano 1844, iníciase o expediente de segregación das parroquias a petición dos seus veciños, que dará lugar á creación do actual concello do Rosal. Este proceso será efectivo en 1847 aparecendo un novo concello con capitalidade en Ferreiros, pero novas reclamacións veciñais posteriores reverterán a situación no ano 1851 mediante circular do Gobernador Civil. Culminan os trámites coa creación definitiva do novo concello no mes de agosto do ano 1854. Con posterioridade soamente houbo algún intento no ano 1885 dalgúns veciños de Eiras de integrarse no concello de Tomiño sen resultado.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Rosal

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0009
    Subfunción SF104
    2.3.6.Regulación da actividade empresarial e industrial
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    S0826SF104Expediente de industria
    S0827SF104Rexistro de industria
    S0828SF104Acceso aos servizos do viveiro de empresas
    S0829SF104Actividades para o apoio e a dinamización da empresa
    S0830SF104Cursos de formación para empresas
    S0831SF104Fomento do emprendemento
    S0832SF104Información e asesoramento en empresas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Rosal (Tema) (Creador)

Área de control da descrición