Fondos
SF100. 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
2.3.2 Regulación da actividade agrícola
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36009.AM.CAÑ.2.GF002.F0009.SF100
Título 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
Data(s) 1889 - 1996 (Creación) 1889 - (Produción) - 1993 (Produción)
Volume e soporte 10 unidades de instalación; 38 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Cañiza(1836-2015) O concello da Cañiza sitúase na comarca do Paradanta, lindando coa provincia de Ourense e cos concellos de Covelo, Crecente, Melón, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e Mondariz; está integrado hoxe no Partido Xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 106 quilómetros cadrados, nos que residen algo máis de oito mil habitantes, distribuídos en 320 entidades de poboación e nove parroquias: As Achas, A Cañiza, O Couto, A Franqueira, Luneda, Oroso, Parada das Achas, Petán e Valeixe. Historicamente estivo integrado na provincia de Tui, con diferentes xurisdiccións: a das Achas, dependente do conde de Salvaterra; a de Albeos, con señorío do marqués de Sierra; a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior; a de Parada, con señorío do marqués de Castelmoncayo, e a de Petán, con señorío da familia Sarmiento. Nos inicios do século XIX chegaron a funcionar concellos en diferentes parroquias: As Achas, Petán, Deva, Oroso, Valeixe, Parada e a propia A Cañiza. De forma máis estable e definitiva créase o concello da Cañiza en 1836 con once parroquias, dentro da proposta establecida para o entonces existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado ademais polos concellos de Arbo, Crecente e Covelo. Das parroquias iniciais segregaríase de seguido a de Prado de Canda para a súa inclusión no concello de Covelo. A parroquia de Santa Eulalia de Deva foi incluída administrativamente dentro da das Achas, resultando así a configuración das nove actuais.
Institución arquivística Arquivo municipal da Cañiza
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0009 Subfunción SF100 2.3.2Regulación da actividade agrícola Desenvólvese nas seguintes series: S0790SF100Expediente de actividades agropecuarias S0791SF100Expediente de subvencións a actividades agropecuarias S0792SF100Expediente de extinción de pragas S0793SF100Censos, estatísticas e declaracións agropecuarias S0794SF100Padróns e censos de agricultores S0795SF100Fomento do sector agrícola S0796SF100Danos á agricultura por pragas ou fenómenos meteorolóxicos adversos S0797SF100Expediente do Pósito Agrícola S0798SF100Premas do Pósito Agrícola S0799SF100Certificacións de débito do Pósito Agrícola S0800SF100Contas do Pósito Agrícola S0801SF100Escrituras de obriga do Pósito Agrícola S0802SF100Préstamos do Pósito Agrícola S0803SF100Repartimentos de gran e capital, poxas de trigo S0804SF100Actas de arqueo de medición de gran S0805SF100Cartas de pagamento do Pósito Agrícola S0806SF100Cadernos de compra do Pósito Agrícola S0807SF100Entrada de gran do Pósito Agrícola S0808SF100Entrada de capital do Pósito Agrícola S0809SF100Intervención do Pósito Agrícola S0810SF100Inventario de bens do Pósito Agrícola S0811SF100Libramentos do Pósito Agrícola S0812SF100Obrigas a favor do Pósito Agrícola S0813SF100Partes mensuais e movementos de fondos S0814SF100Recibos do Pósito Agrícola S0815SF100Relacións de debedores do Pósito Agrícola S0816SF100Saídas de capital do Pósito Agrícola S0817SF100Saídas de gran do Pósito Agrícola
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Cañiza (Tema) (Creador)