ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

3.4.7. Xestión dos servizos funerarios

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36030.AM.MON.2.GF003.F0013.SF128

  • Título 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios

  • Data(s) 1855 - 2000 (Creación) 1855 - (Produción) - 2000 (Produción)

  • Volume e soporte 3unidades de instalación; 4 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Mondariz(1836-2015) O concello de Mondariz sitúase no centro-leste da provincia de Pontevedra, integrado na comarca do Condado. Limita cos concellos de Fornelos de Montes, Covelo, A Cañiza, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz-Balneario e Pazos de Borbén. Conta cunha superficie aproximada de oitenta e cinco quilómetros cadrados, nos que se asentan setenta e tres entidades diferenciadas de poboación nas que viven algo máis de seis mil habitantes. As parroquias que integran este territorio dependían no antigo réxime de catro xurisdiccións, todas elas con señorío laico. Na xurisdicción de Achas, dependente do conde de Salvaterra, atopábase a parroquia de Lougares. Na xurisdicción de Oliveira a parroquia de Portela. Na xurisdicción de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, estaban integradas as parroquias de Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Mondariz, Sabaxáns e Vilar. Por último, o couto de Toutón, formado pola parroquia do mesmo nome, dependente de D. Juan Araújo. Será no ano 1836 cando definitivamente xurda o actual Concello de Mondariz, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas e formado polas parroquias de Lougares, Portela, Frades, Gargamala, Meirol, Mouriscados, Queimadelos, Riofrío, Sabaxáns, Vilar, Toutón e Santa Eulalia de Mondariz. Con posterioridade as parroquias de San Martiño de Portela, que logo cambiará a súa denominación pola hoxe coñecida de Vilasobroso, e a de Santa María de Queimadelos en 1924 e 1935, respectivamente, constituíronse en Entidades Locais Menores. A principal modificación acontecida no concello prodúcese coa segregación da parroquia de Santa Eulalia de Mondariz para constituír unha Entidade Local Menor e, de seguido, o Concello de Mondariz-Balneario no ano 1924.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Mondariz

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0013
    Subfunción SF128.
    3.4.7.Xestión dos servizos funerarios
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0989SF1283.4.7.Expediente de creación ou clausura de cemiteriosSerie
    S0990SF128Rexistro de nichos do cemiterio
    S0991SF128Título do cemiterio
    S0992SF128 Transmisión de dereitos de sepultura
    S0993SF128Expediente de cambio de titularidade de sepulturas
    S0994SF128Expediente de arrendamento ou concesións de sepulturas
    S0995SF128Expediente de incineración de cadáveres
    S0996SF128Expediente de exhumacións e inhumacións de cadáveres
    S0997SF128Expediente de redución de restos
    S0998SF128Expediente de traslado de cadáveres
    S0999SF128Expediente do cemiterio
    S1000SF128Libro rexistro de enterramentos ou sepulturas
    S1001SF128Rexistro de inhumacións, exhumacións ou incineracións
    S1002SF128Rexistro de incineracións de cadáveres
    S1003SF128Contratación de servizos funerarios por parte da cidadanía

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Mondariz (Tema) (Creador)

Área de control da descrición