Fondos
TIÁN FERNÁNDEZ 012. Fotografía da Taberna de Julián Peitudo (década dos 50)
Fotografía da Taberna de Julián Peitudo (década dos 50)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.2.59.TIÁN FERNÁNDEZ 012
Título Fotografía da Taberna de Julián Peitudo (década dos 50)
Data(s) 1950 (Creación)
Volume e soporte Imaxe dixitalizada en .tiff e copia para difundir en .jpg con marca de auga
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Historia arquivística Fotografía colección de Tián Fernández Otero cedida temporalmente no 2024 por Juan Migueles Fernández para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese a fotografía en papel. Parte do significado das fotografías foi transmitido oralmente polo propietario da mesma e por José Ángel Gesteira Pazos.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido TIÁN FERNÁNDEZ 011. Expediente 5870/2024 Fotografía do exterior da taberna de Julián Peitudo probablemente coa comida de Xan Carallás. Década dos 1950. Persoas recoñecidas (de esquerda a dereita de arriba a abaico): 1º: Julián (Peitudo); Reigosa; Baldomero Testa (sombreiro e bigotes) que tiña unha fragua na actual Avenida Mendiño; descoñecido; descoñedido; Jesús Boullosa Fontán (detrás); descoñedido; Urbano (de gafas, policía de carreteras e encargado do Cine Coca); descoñecido; Don Alfredo (avogado); Antonio Soto (Sotivo); con corbatas Sirvent (Alfredo Sirvent Colomina) empresario vinculado ás máquinas de escribir; Barciela (sorrindo e coa man no hombre); o que está enriba, Alberto Pereira Pérez (dono da droguería da Praza da Constitución) ; descoñecido con bigotes; Alfonso Pereira; casado cunha Lucera (pai de Loló) tiña un camión co que recollía peixe e despois correo. 2º (debaixo): Aniceto Otero González; José Pérez Ribero (pai de Merche, Charo, Mingos e Luis); Edmundo Villasanta (contratista de obras); Benito Fernández (con chaqueta clara); con bigotes, José Villaverde Figueroa; descoñecido; Félix Fernández; Señor Pacín cun neno no colo. Enriba deles Cándido Corugeira (constructor).
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións de reprodución Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Tián Fernández". A difusión da imaxe é libre sempre que se cite a propiedade e sempre que sexa usada con respecto hacia as persoas que nela aparecen e sen fins lucrativos.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Os orixinais están en posesión de Juan Migueles Fernández, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias Non se coñecen
Ãrea de notas
Nota