ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36050.AM.SALV.2.GF003.F0010

  • Título 3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS

  • Data(s) 1831 - 2015 (Creación) 1939 - (Produción) - 1973 (Produción)

  • Volume e soporte 293 unidades de instalación; 704 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salvaterra de Miño(1836-2015) O territorio do concello de Salvaterra de Miño sitúase no sur da provincia de Pontevedra, bañado polo río Miño que lle serve de fronteira con Portugal; ademais linda cos concellos de Ponteareas, As Neves, Salceda de Caselas e Mondariz. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e oito quilómetros cadrados, con duascentas trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas dezasete parroquias actuais: Alxán, Arantei, Cabreira, Corzáns, Fiolledo, Fornelos, Leirado, Lira, Lourido, Meder, Oleiros, Pesqueiras, Porto, Salvaterra, Soutolobre, Uma, e Vilacoba, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Salvaterra e As Achas, con señorío do conde de Salvaterra; da de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso, e dos cotos de Penafurada e Porto, con señorío do conde de Amarante e da Encomenda de Beade respectivamente. Iniciado o proceso de constitución dos concellos nos inicios do século dezanove chegaron a funcionar os concellos de Fornelos e Salvaterra neste territorio. Xa no proceso definitivo créase o concello de Salvaterra coa configuración actual, dentro do Partido Xudicial de Ponteareas, cun total de dezaoito parroquias. Posteriormente producirase a supresión da parroquia de Penafurada, fusionándose coa súa matriz de Oleiros, quedando as dezasete actuais. Por outra parte o concello completará a súa denominación oficial como Salvaterra de Miño no ano 1907.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salvaterra de Miño

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF003.
    Función F0010
    3.1. POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    
    Densenvólvese nas seguintes1º Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF110 3.1.1.Rexistros de poboación
    SF111 3.1.2.Estatísticas e censos de poboación
    SF112 3.1.3.Procesos electorais
    SF113 3.1.4.Xestión dos servizos militares

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Salvaterra de Miño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición