Fondos
-
ES.GA.36005.AM.CAL.2. CONCELLO DE CALDAS DE REIS (FUNCIONAL)
SF098. 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
-
S0762. Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas
2.2.7. Regulación do impacto das actividades
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36005.AM.CAL.2.GF002.F0008.SF098
Título 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
Data(s) 1874 - 2013 (Creación) 1957 - (Produción) - 2008 (Produción)
Volume e soporte 311 unidades de instalación; 1538 expedientes ou agrupación documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Caldas de Reis(1836-2015) O concello de Caldas de Reis sitúase ó noroeste da provincia de Pontevedra lindando cos concellos de Valga, Cuntis, Moraña, Portas, Catoira, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa. Ocupa unha superficie próxima ós setenta quilómetros cadrados cun total de sesenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Arcos da Condesa, que tamén é Entidade Local Menor, Bemil, Santa María de Caldas de Reis, San Tomé e Santa María de Caldas de Reis, Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, nas que residen algo máis de nove mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións: as de Baños, Caldas, Cesar, Peñaflor e Vilanova de Arousa; ademais existían os coutos de Arcos da Condesa e Saiar, cada un deles con señoríos diferentes, tanto eclesiásticos como dos veciños ou de diferentes membros da nobreza. No proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio estaba integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, do que era capitalidade, e nel establecéronse ós concellos de Saiar e Caldas de Reis; será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito partido xudicial, cando se creen ámbolos dous concellos, formado o de Saiar polas parroquias de Saiar e Santiago e Santa María de Godos; pola contra o concello de Caldas de Reis formábano ás parroquias de San Tomé e Santa María de Caldas, Arcos da Condesa, Carracedo, Bemil e Santo André e San Clemente de Cesar. No ano 1894 acórdase a supresión do concello de Saiar e a súa integración no de Caldas de Reis, culminando unha reclamación veciñal que viña xa do ano 1838. Ademais producíase a fusión administrativa das parroquias de Caldas e Godos nunha única en cada caso e dende 1946 funciona como Entidade Local Menor a parroquia de Arcos da Condesa con institucións, medios e sede propios.
Institución arquivística Arquivo municipal de Caldas de Reis
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0008 Subfunción SF098 2.2.7. Control de animais Desenvólvese nas seguintes series: S0761SF098Licenzas de apertura de actividades inocuas S0762SF098Licenzas de apertura de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas S0763SF098Libro rexistro de industrias S0764SF098Rexistro de actividades S0765SF098 Declaracións responsables ou comunicacións de actividade S0766SF098Licenzas e comunicacións previas de actividades inocuas e de baixo risco S0767SF098Licenzas e comunicacións previas de actividades con incidencia ambiental S0768SF098Licenzas e comunicacións previas de establecementos, espectáculos e actividades con finalidades recreativas S0769SF098Licenzas e comunicacións previas de vivendas de uso turístico S0770SF098Licenzas e comunicacións previas de apertura e uso de centros de culto S0771SF098Caducidade ou reción de licenza de actividade S0772SF098Baixas de actividades S0773SF098Modificación ou renuncia de licenza de actividade S0774SF098Cambios de titularidade de actividades S0775SF098Verificación e control de actividades S0776SF098Denuncias de actividades S0777SF098Expediente sancionadores en materia de actividades económicas e recreativas S0778SF098Infraccións ambientais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Caldas de Reis (Tema) (Creador)