ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

1.3. CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36061.AM.VILNOV.2.GF001.F0003

  • Título 1.3. CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA

  • Data(s) - 2013 (Creación) 2005 - (Produción) - 2008 (Produción)

  • Volume e soporte 91 unidades de instalación; 367 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilanova de Arousa(1836-) O concello de Vilanova de Arousa está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos da Illa de Arousa, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia, Cambados e Vilagarcía de Arousa. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós trinta e seis quilómetros cadrados cun total de sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: András, Baión, Caleiro, Deiro, Tremoedo e Vilanova de Arousa, nas que residen algo máis de once mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e do couto de Deiro, con señorío do marqués de Monte Sacro. No período preconstitucional e neste territorio chegaron a funcionar os concellos de Baión, Vilanova e a Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dependía do Partido Xudicial de Cambados. Será no ano 1836, dentro da planificación definitiva para o antedito Partido Xudicial, cando se establece, xunto cos outros concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía e Vilaxoán, o concello de Vilanova de Arousa formado por cinco parroquias: Vilanova, A Illa, Tremoedo, Baión e Caleiro. Posteriormente, no ano 1843, anexionaríase a parroquia de András, instalada inicialmente no concello de Vilaxoán e a parroquia de Deiro, segregada do concello de Cambados en 1854. Unha última modificación significativa foi a segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal que rematou no ano 1996.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilanova de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función: F0003.
    3.-CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0261.3.1.Contratación de obras
    SF0271.3.2.Contratación de concesión de obras públicas
    SF0281.3.3.Contratación de xestión de servizos públicos
    SF0291.3.4.Contratación de servizos
    SF0301.3.5.Contratación de subministracións
    SF0311.3.6.Contratación mixta
    SF0321.3.7.Contratación especial
    SF0331.3.8.Contratación privada
    SF0341.3.9.Procedemento de contratación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilanova de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición