ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

SALVADOR CABEZA DE LEÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.6.

  • Título SALVADOR CABEZA DE LEÓN

  • Data(s) 1864-1934 (Creación) 1302 - 2017-09-18 (Produción)

  • Volume e soporte Catorce caixas. Soporte en papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Salvador Cabeza de León(1864-1934) Salvador Cabeza de León (1864-1934) foi un historiador, letrado e escritor galego nado en Betanzos. Catedrático de Dereito Internacional e Decano da Facultade de Dereito da Universidade Compostelá, participou con Brañas no movemento rexionalista. Foi tamén director do Seminario de Estudos Galegos e fundador da Real Academia Galega.

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística Este fondo conta cun cadro de clasificación da época do seu ingreso no Museo.

  • Forma do ingreso Compra en 1942 á sua familia e depósito do Instituto de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O groso do arquivo componse dos seus materiais para unha historia da Universidade de Santiago de Compostela dende os antecedentes da sua fundación. Contén tamén os materiais para a edición dun diccionario de escritores galegos, outro de escritores non galegos e outros traballos.

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo de materiais.

  • Novos ingresos Non están previstos

  • Organizació

    1.DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     1.1. CORRESPONDENCIA
    
    2.DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
     2.1.MANUSCRITOS
     2.1.1.Producción Propia
     2.1.1.1. Historia da Universidade
     - Antecedentes da sua fundación
     - A vida universitaria
     - O claustro universitario
     - A vida estudiantil
     - Cátedras e catedráticos
     - Facultades e ensinanzas universitarias
     - Orixinais e notas
     2.1.1.2. Diccionario de escritores
     2.1.1.3. Minerais de Galicia
     2.1.1.4.Teatro galego no século XIX e “Los gallegos en el teatro castellano"
     2.1.1.5. O Bispado de Cartagena
     2.1.1.6. Historia de Santiago de Compostela
     2.1.2.Manuscritos de outros autores
     2.2 NOTAS, IMPRESOS E RECORTES DE PRENSA

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Previa solicitude e salvo materia

  • Instrumentos de descrición Este fondo conta cun inventario pormenorozado do seu contido

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Salvador Cabeza de León (Tema) (Creador)

Área de control da descrición