ATOPO
Rexistros actuais: 1.646.521
Obxectos dixitais dispoñibles: 506.109

1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.2.GF001.F0001

  • Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

  • Data(s)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Tui

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños.

    O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores.

    A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual.

    Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais.

    Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños.

    Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función F0001
    1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0011.1.1.Formación e termo municipal
    SF0021.1.2. Constitución do concello
    SF0031.1.3.Pleno
    SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia
    SF0051.1.5.Xunta de goberno local
    SF0061.1.6.Comisións informativas
    SF0071.1.7.Xunta de portavoces
    SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos
    SF0091.1.9.Grupos municipais
    SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia)
    SF0111.1.11.Participación cidadá
    SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos
    SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno
    SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)

Área de control da descrición