Fondos
1. Expedientes de división territorial
-
1/1. Expediente de supresión do Concello de Vilaboa e a súa anexión ao de Pontevedra (1947-1949)
-
1/2. Expediente de incorporación de oficio do Concello de Vilaboa ao de Pontevedra (1960-1963)
-
136/1. Expediente de deslinde do dominio público marítimo terrestre da Ría de Vigo
-
959/1. Expediente de deslinde do dominio público marítimo terrestre da Ría de Vigo
-
135/12. Expediente de deslinde e amolloamento do Concello de Vilaboa co Concello de Moaña
-
1.795/1. Actas de deslinde e amolloamento do Concello de Vilaboa con Pontevedra e Ponte Sampaio
-
1.795/2. Acta de deslinde entre o Concello de Vilaboa e Marín
-
1.795/3. Expediente de deslinde dos termos municipais de Vilaboa e Moaña
-
1.795/4. Plano de deslinde do termo municipal de Vilaboa con Moaña, Marín e Pontevedra
-
1.795/5. Expediente de deslinde dos límites entre Vilaboa e Marín e Vilaboa e Pontevedra
-
1.795/6. Documentación relativa ao problema de deslinde co Concello de Moaña
-
959/24. Expediente de deslinde de Vilaboa con Marín, Pontevedra e Pontesampaio
Expedientes de división territorial
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36058.AM.VILAB.1.1.1.1
Título Expedientes de división territorial
Data(s) 1890-2012 (Creación) 1947-00-00 - 1963 (Produción)
Volume e soporte 2 unidades de instalación con 17 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilaboa(1836-) O territorio do concello de Vilaboa sitúase na parte inicial da península do Morrazo, na marxe dereita da ría de Vigo, lindando cos concellos de Pontevedra, Moaña e Marín. Ocupa unha superficie superior ós trinta e catro quilómetros cadrados con sesenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Bértola, Santo Adrán de Cobres, Figueirido, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa, nas que residen ó redor de seis mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Pontevedra, con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase o concello de Vilaboa, coa mesma configuración actual, no ano 1836, chegando a existir nas datas precedentes os concellos de Cobres e Vilaboa.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilaboa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilaboa (Tema) (Creador)