ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Expediente de cesión de bens propiedade do igrexario da parroquia da Picoña a favor do Concello

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36049.AM.SALC.2.GF001.F0005.SF050.S0386.109/8

  • Título Expediente de cesión de bens propiedade do igrexario da parroquia da Picoña a favor do Concello

  • Data(s) 1954-1961 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 9 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Salceda de Caselas(1836-2015) O concello de Salceda de Caselas está situado no sur da provincia de Pontevedra, limitando cos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui e Porriño. Conta cunha superficie aproximada de 31 quilómetros cadrados nos que se asentan 93 entidades diferenciadas de poboación, nas que viven algo máis de cinco mil cincocentos habitantes. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, dentro do partido xudicial de Tui, configúrase o que será concello constitucional de Salceda de Caselas, composto polas sete parroquias que o integran na actualidade: Santa María de Salceda, capitalidade do mesmo, San Xurxo de Salceda, San Martiño de Picoña, San Xusto e Pastor de Entienza, San Estevo de Budiño, San Tomé de Parderrubias e San Vicente de Soutelo. Nestas parroquias residían daquela 524 veciños e aproximadamente 2.100 habitantes.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Salceda de Caselas

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Cesión ao concello de bens de propiedade do igrexario da parroquia da Picoña, cedido polo cura encargado da parroquia da Picoña, don Gervasio Rodríguez López.

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Documentación mecanografada e grampada

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Salceda de Caselas (Tema) (Creador)

Área de control da descrición