ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente de permuta dunha parcela de María Figueira Sánchez con outra do patrimonio municipal (1963-1967)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0005.SF053.S0406.93/10

  • Título Expediente de permuta dunha parcela de María Figueira Sánchez con outra do patrimonio municipal (1963-1967)

  • Data(s) 1963-1967 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental. 32 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sobre permuta dunha parcela de terreo, propiedade de María Figueira Sánchez, con outra do patrimonio municipal no sitio coñecido como Muíño de Abaixo, no lugar da ponte, parroquia de Catoira Contén: - solicitude de construción de alpendre no terreo (1963) - denuncia de José Costa Franco a Manuel Riveiro Lajos por construír en terreo municipal

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)

Área de control da descrición