Fondos
Expediente sobre peste bubónica (1899)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36023.AM.GUA.2.GF003.F0013.SF124.S0955.913/11
Título Expediente sobre peste bubónica (1899)
Data(s) 1899 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal da Guarda
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación sobre peste bubónica. A peste bubónica de 1899, vista dende unha óptica guardesa A continuación mostraremos unha visión sobre a alarma que supuxo as mortes provocadas pola peste bubónica en Oporto e que estenderon a preocupación no resto da Península ante un novo rebrote. Para tal investigación contamos coa documentación dispoñible no noso Arquivo municipal, o cal deu conta no seu momento da epidemia máis mortífera da historia. O 15 de agosto de 1899, saltan tódalas alarmas, por ser o día oficial no que se impón oficialmente o cordón sanitario: “Alcalde [A Guarda] a Gobernador Civil Pontevedra. Reunida Junta local Sanidad acordó redoblar vigilancia e implimienta y observación de reglas higiénicas interior población, acordando asimismo siguir ficar a Vuestro Señor necesidad urgente de fuerzar del Ejército para acordonar orilla rio Miño y cortar hasta Oya, a fin de evitar en absoluto comunicación con Portugal”. Tan drástica foi a medida que incluso prohibiuse a pesca en embarcación no río Miño, sendo este o principal sustento de moitas familias. As forzas que foron destinadas a reforzar o cordón sanitario na fronteira da provincia de Pontevedra con Portugal, estiveron distribuídas da seguinte maneira: - O Rexemento de Infantería de Murcia composta por 250 homes, controlaron a raia entre o posto de Tui ao da Guarda. Tamén participaron os rexementos de Covadonga e de Zaragoza noutros puntos xeográficos. - A Garda Civil distribuíu aos seus efectivos da seguinte forma: 38 en Tui, 10 en Salcidos, 10 en Salvaterra, 8 en Caldelas, 4 en Oia e 3 nas Neves. Dous días despois de coñecer o peche da fronteira, o propio Gobernador Civil, I. Menéndez Pidal, pediulle ao alcalde da Guarda “que los vecinos que tengan casas próximas al rio faciliten en las mismas el alojamiento de las fuerzas de ejército, guardia civil y carabineros que prestan servicio de vigilancia en la frontera”. Esta medida non foi moi ben acollida entre os veciños afectados, que en cambio si recibiron entusiasmados a seguinte nova: Para atender a las necesidades del servicio con motivo de la aparición de una enfermedad sospechosa de peste bubónica en Portugal, o rei Alfonso XIII e actuando de oficio a raíña Rexente María Cristina, poría a disposición do concello da Guarda 75.000 pesetas de crédito extraordinario. En canto as medidas sanitarias propostas: “18 de agosto de 1899, acta de sesión da Comisión Permanente Provincial: “Acuerda que el S. Cobián Areal, director del Instituto Antirábico y Antidiftérico de [Pontevedra] esta capital realice las gestiones oportunas para tener constantemente en su Instituto y a disposición de los facultativos titulares de los pueblos, el suero curativo de Jersin”[suero antipestoso]. Tres días despois, aprobase na mesma comisión, a adquisición de dúas estufas de desinfección, facendo o encargo en París, sendo esta a capital da ciencia no seu momento. Como cambiaron as cousas, xa que na actualidade as potencias europeas vense incapacitadas e totalmente dependentes do sobretensionado mercado chino Volvendo ao período que nos compete, o 20 de agosto de 1899, producíase a seguinte comunicación entre o alcalde da Guarda e o Gobernador Civil. Nesta podemos observar o estrito control das autoridades no movemento da poboación. Ademais do número de días de illamento, en caso de sospeita, que debían cumprir os nosos antepasados: “Alcalde Guardia a Gobernador Civil Pontevedra. Visto telegrama de vuestro señor se buscó y hallado matrimonio joven con dos niños y suegra, fueron interrogados y comprobaron con documentos que proceden balneario Caldelas de Tuy al que llegaron el doce del corriente por linea Portugal desde Caceres. Reconocidos no presentan síntomas de enfermedad infeciosa. No obstante se acordó aislamiento hasta que transcurran los diez días a partir del doce en que llegaron a Caldelas, de donde salieron ayer.” Por último e como dato curioso, dentro do contexto da pandemia, o día 09 de setembro de 1899 acordase en sesión da Xunta Local Sanitaria, e co acordo do abade de Salcidos o seguinte: el terreno del Prado para el emplazamiento del cementerio de aquella parroquia, contando así o concello da Guarda cun novo cemiterio para afrontar as posibles baixas provocadas pola peste. Alberto Moital, arquiveiro do Concello da Guarda.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Enfermidade España Galicia Pontevedra Guarda, A Guarda, A (Santa María) Guarda, A (Guarda, A)