ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SANIDADE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.6

  • Título SANIDADE

  • Data(s) 1842-2007 (Creación) 1842-00-00 - 2007 (Produción)

  • Volume e soporte 67 unidades de instalación con 547 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle unha función básica dos concellos, aínda que compartida con outras administracións, como é velar pola saúde e benestar físico dos seus habitantes, proporcionando unhas axeitadas condicións de hixiene, salubridade e atención sanitaria ós mesmos. 3.6.1.- Xunta Local de Sanidade Órgano colexiado existente en tódolos concellos, presidido polo alcalde e formado por concelleiros e persoal sanitario que presta servizo no territorio municipal, encargado de xestionar e definir as actuacións en materia de sanidade. Documentalmente consérvase alo menos o Libro de actas de sesións da Xunta Local de Sanidade e, as veces, expedientes de sesións da propia Xunta Local de Sanidade con documentos tratados en cada sesión. 3.6.2.- Expedientes de sanidade Agrupación de series con documentos e expedientes xerados polo concello en función da actividade exercida para o control sanitario dos seus habitantes. Entre eles podemos atopar os expedientes de campañas de vacinación, instruídos para levar a cabo tales campañas sanitarias; os expedientes de control sanitario, expedientes de epidemias relacionados co estudo, detección e tratamento de tal andazo; memorias do estado sanitario do municipio, expedientes de reclamacións por infraccións sanitarias, expedientes de declaración de insalubridade e clausura provisional de establecementos e edificios de servizo público, partes médicos, controis de augas e fontes elaborados polo persoal médico propio do municipio (médicos, farmacéuticos, matronas) como constancia do exercicio da súa actividade; rexistros de vacinacións e rexistros de epidemias, que normalmente existentes en forma de libro asentan tales asuntos entre outros moitos que se desenvolven por parte dos concellos na función de control da saúde dos seus habitantes. Tamén a documentación referida á xestión e mantemento dos centros sanitarios por parte dos concellos Por último os expedientes de sanitarios locais, creados a partir do Regulamento de persoal dos servizos sanitarios locais de 1953, entendendo por tal tanto os servizos médicos (médicos, practicantes, matronas, farmacéuticos) como veterinarios. Atopamos documentación relacionada co súa presentación e nomeamento ou coa saída ou cesamento de sanitarios locais, ou cos períodos vacacionais, infraccións, expedientes disciplinarios, queixas…etc 3.6.3.- Expedientes de sanidade animal Agrupación de series documentais relacionada coa actividade de inspección veterinaria referidos a calquera tipo de inspección efectuada polos servizos veterinarios municipais e moi relacionados coas matanzas de animais para o seu consumo humano. Outros exemplos de expedientes de sanidade veterinaria serían as certificacións de requisas de gando inutilizado por razóns sanitarias, expedientes de autorización sanitaria de matanzas domiciliarias, expedientes de epizootias, etc...Atopamos tamén libros rexistros ou partes do servizo veterinario, censos de animais, sempre e cando estean elaborados con fins sanitarios e non fiscais, libros rexistros de epizootias –utilizados para consignar datos acerca de repercusións das epidemias ou pestes provocadas por enfermidades contaxiosas-, libros rexistros de matanzas domiciliarias e outros como recoñecementos sanitarios de sanitarios en matadoiros, padróns de animais enfermos, rexistros de cartillas gandeiras -con fins sanitarios-, relacións de cabezas de gando inutilizado por razóns sanitarias, ... 3.6.4.- Expedientes de saneamento e medio ambiente 3.6.5.- Expedientes do cemiterio Agrupación de series xerada a partir da función dos concellos de velar e supervisar a correcta aplicación da normativa sanitaria promulgada ó respecto para o funcionamento de cemiterios parroquiais e municipais. Nembargante, as actividades desenvoltas polos concellos neste eido teñen unha especial incidencia nos cemiterios da súa titularidade, en canto que o conxunto de funcións desempeñadas neles van máis alá das sanitarias. Recolle polo tanto toda a documentación relacionada cos cemiterios municipais, agás as obras que teñen o seu apartado específico dentro das obras municipais. Podemos atopar documentos e expedientes diversos: expedientes de concesión de sepulturas, expedientes de cambio de titularidade de sepulturas estreitamente vencellados cos anteriores; expedientes de creación ou clausura de cemiterios; e expedientes de incineración de cadáveres, expedientes de inhumación de cadáveres, expedientes de redución de restos e expedientes de traslado de cadáveres como procesos realizados nos cemiterios que deben contar coa preceptiva supervisión municipal. Ou rexistros como é o libro rexistros de enterramentos ou sepulturas dende 1866 ou os libros rexistros de inhumacións, exhumacións ou incineracións dende 1974. 3.6.6.- Correspondencia de sanidade Correspondencia recibida ou emitida polo concello relacionada coa actividade sanitaria.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, SANIDADE, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZO:
    
    3.6.- SANIDADE:
    
    3.6.1.- Xunta Local de Sanidade
    3.6.2.- Expedientes de sanidade
    3.6.3.- Expedientes de sanidade animal
    3.6.4.- Saneamento e medio ambiente
    3.6.5.- Expedientes do cemiterio
    3.6.6.- Correspondencia de sanidade

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)

Área de control da descrición