Fondos
BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.7
Título BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL
Data(s) 1850-2000 (Creación) 1850 - 2000-00-00 (Produción)
Volume e soporte 24 unidades de instalación con 60 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido As funcións asistenciais no ámbito local foron levadas a cabo durante o Antigo Réxime -como norma xeral posto que nalgún caso xa eran exercidas polos concellos- por diversas institucións relixiosas. Non obstante, tralo período desamortizador, estas competencias foron transvasadas ós concellos, os cales as viñeron exercendo a través de Xuntas ou Consellos con diversas denominacións. 3.7.1.- Xunta Local de Beneficencia: Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma. 3.7.2.- Expedientes de beneficencia Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles. 3.7.3.- Padróns de beneficencia Rexistro noutros momentos tamén denominado como padrón de pobres, como padrón ou relación de veciños elaborado para facilitar a asistencia médico - farmacéutica gratuíta ás familias pobres residentes no termo municipal. Xenera tamén documentación relacionada cos súa actualización e uso. 3.7.4.- Expedientes de asistencia social Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo. Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan. Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social. En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares. O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social. 3.7.5.- Documentación do técnico local de emprego Conxunto documental heteroxéneo producido na súa xestión por este posto de traballo, moitas veces ocasional, que se crea subvencionado en moitos concellos coa finalidade primaria do fomento de emprego, a dinamización económica de persoas e empresas, a xestión e colaboración da xestión particular e municipal de subvencións para actividades económicas e sociais…etc
Organizació
Esta 1ª división de sección, BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL, contén as seguintes series documentais: 3.- SERVIZO: 3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 3.7.1.- Xunta Local de Beneficencia 3.7.2.- Expedientes de beneficencia 3.7.3.- Padróns de beneficencia 3.7.4.- Expedientes de asistencia social 3.7.5.- Documentación do técnico local de emprego
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)