Fondos
3. Mutilados de guerra
Mutilados de guerra
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36029.AM.MOA..1.3.12.3
Título Mutilados de guerra
Data(s) 1938-1985 (Creación)
Volume e soporte 4 unidades de instalación con 5 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Moaña(1836-2015) O territorio do Concello de Moaña que se sitúa na comarca do Morrazo, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda coa ría de Vigo e os concellos de Cangas, Vilaboa, Marín e Bueu. Ocupa unha superficie total superior ós trinta e catro quilómetros cadrados, con trinta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: San Martiño de Moaña, Virxe do Carme de Moaña, Meira, Domaio e Tirán, nas que residen preto de dezaoito mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As parroquias de Moaña, Domaio e Tirán formaban parte da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago; pola súa parte, Meira constituía un couto por si mesmo con señorío do marqués de Valladares. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, chegaron a existir concellos en Meira, Domaio e Moaña. No ano 1836 créase o Concello de Meira na división establecida para o partido xudicial de Pontevedra, xunto cos concellos de Pontevedra, Vilaboa, Berducido, Bueu, Cangas, Marín e Poio. Daquela o concello de Meira establécese con catro parroquias (Meira, Moaña, Tirán e Domaio) e cunha poboación de 3.303 veciños. As modificacións reseñables que se produciron foron o cambio de denominación e capitalidade de Meira por Moaña, que se concede en 1874, e a segregación da parroquia da Virxe do Carme de Moaña, aprobada en 1955, da súa matriz San Martiño.
Institución arquivística Arquivo municipal de Moaña
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Inclúen toda a documentación referente ós mutilados de guerra así como dos ex - combatentes, tanto declaracións da súa condición, documentación de beneficencia, etc..., xustificando a súa inclusión nesta serie ó entender que, por extensión, nesta 1ª División de sección se debe encadrar toda a documentación que teña que ver coa función dos concellos de aportar homes para o exército do Estado, sendo os mutilados de guerra e ex -combatentes un sector específico dentro dese ámbito, independentemente do xeito da súa recruta: quintas, voluntariado ou calquera outro medio
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Moaña (Tema) (Creador)