Fondos
1. Expedientes de contratación
-
281/12. Expediente de actas de arrendamento de arbitrios das parroquias do concello de Tui (1874)
-
281/13. Expediente de reparación de bomba de incendios e venda de traxes de romanos (1879)
-
281/14. Expediente de creación de arbitrios municipais sobre postos públicos (1880-1881)
-
5.840/1. Expediente de contrato para obras de saneamento en Foxo-Vaqueiro en Rebordáns (2009-2011)
-
5.841/1. Expediente de contrato para obras de saneamento en Foxo-Vaqueiro en Rebordáns (2009-2011)
-
7.015/4. Expedientes de contratación (Área de rehabilitación)
-
7.027/4. Expediente de contratación para "Adquisición de Piano de Cola" (PPOS/15).
-
7.062/2. Expedientes de contratación relativos ao Proxecto ARPAD (2015)
-
7.078/20. Solicitude de aprazamento no contrato "Lote 2 Iluminación Festas San Telmo" (2020)
Expedientes de contratación
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.2.6.1
Título Expedientes de contratación
Data(s) 1874 - 2019 (Creación) 1874 - (Produción) - 2020 (Produción)
Volume e soporte 164 unidades de instalación con 590 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)