Fondos
6. Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
-
334/8. Expediente de construción de camiño municipal en Tui (1880)
-
335/2. Expediente de reparación do "Camiño da Fonte da Anta" promovido por Manuel Martínez (1884)
-
335/3. Expediente de obras na rúa Corredoira promovido por José Cons Estévez e Ignacio García (1886)
-
346/4. Certificado de liquidación do camiño da Barca a favor de Marcelino Bértolo Fernández (1978)
-
2.937/2. Expediente de obra para reparación de Paseo de Murcia, Tui (1895)
-
3.104/4. Expediente sobre a construción dunha ponte sobre o río Louro en Ribadelouro (1893)
-
7.029/3. Obras de mantemento e mellora de pavimentos no Concello de Tui (P.U.M.S.I.M. 2014).
-
7.012/10. Acondicionamento do pavimento da rúa Piñeiro, Tui. (2006-2007)
Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.1.3.6
Título Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
Data(s) 1878-2009 (Creación) 1878 - (Produción) - 2019 (Produción)
Volume e soporte 182 unidades de instalación con 491 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expedientes de obras de construción, equipamento, dotación e mantemento das rúas, camiños e prazas do municipio
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)