Fondos
2. Licenzas de obras a particulares
-
381/46. Licenza de obras para modificación casa a Jesús Bugarín (1910)
-
6.670/2. Proxecto de acondicionamento de local comercial para tenda de roupa.
-
7.001/4. Documentos varios da Área de rehabilitación (1994-2002)
-
7.002/5. Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui
-
7.005/2. Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui
-
7.029/2. Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui
-
7.040/2. Área de rehabilitación do conxunto histórico de Tui (PEPCHA)
-
7.065/3. pagamento de taxa por ocupación do solo, subsolo e voo da vía pública (2013)
-
7.066/1. Pagamento de taxa por ocupación do solo, subsolo e voo da vía pública (2014)
-
7.066/2. Pagamento de taxa por ocupación do solo, subsolo e voo da vía pública (2015)
Licenzas de obras a particulares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.1.4.2
Título Licenzas de obras a particulares
Data(s) 1878-2023 (Creación) 1881 - 2022 (Produción)
Volume e soporte 1.415 unidades de instalación con 14.750 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente que se tramita para levar a cabo obras de titularidade particular e que se tramitan para comprobar a legalidade e adecuación da obra á normativa vixente. Poden ser: Licenzas de obras maiores: expediente que se tramita para levar a cabo una obra nova, ampliación ou modificación, demolición, legalización, urbanización, cambio de titularidade particular. Licenzas de obras menores: expediente que se tramita para levar a cabo reforma de elementos (tellado, pintar portal ou escaleira), reforma en vivenda (cambiar aparellos sanitarios, cambiar carpintaría interior, solar, alicatar, etc.) e para instalar lápida de sepultura. Tamén obra menor en vía pública (instalación de anuncios, valado, gabias e canalizacións subterráneas..) Licenza de primeira ocupación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a ocupación dunha vivenda, unha vez finalizada a construción. Expediente de segregación: conxunto de actuacións que se seguen para autorizar a separación dunha parcela de terreo da súa leira matriz
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)