Fondos
SEGURIDAD CUIDADA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.AM.TUI.1.3.5
Título SEGURIDAD CUIDADA
Data(s) 1863-2014 (Creación) 1863 - 2020 (Produción)
Volume e soporte 167 unidades de instalación con 916 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Tui(1836-) O concello de Tui sitúase no sur da provincia de Pontevedra, dentro da comarca natural do Baixo Miño, lindando con Portugal do que o separa o antedito río, e cos concellos de Salceda de Caselas, O Porriño, Gondomar, Salvaterra de Miño e Tomiño. Conta cunha extensión superior ós 66 quilómetros cadrados, distribuídos nas doce parroquias: Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns, Ribadelouro e Tui, cun total de cento sesenta e unha entidades de poboación, nas que residen máis de dezaseis mil habitantes. A carga histórica da cidade é abrumadora, pasando de capitalidade de diocese romana a corte do reino de Galicia na dominación sueva e goda; posteriormente será capitalidade da provincia do mesmo nome ata a configuración constitucional de 1836. Ó mesmo tempo é sede da diocese eclesiástica e capitalidade do partido xudicial. O territorio do actual concello dependía no antigo réxime da xurisdicción de Tui e de Pexegueiro, ámbalas dúas con señorío do bispo de Tui. Nos períodos liberais chegaron a funcionar concellos nos anteditos lugares ata a definitiva configuración. O concello constitucional de Tui constitúese en 1836, dentro do seu partido xudicial, coa mesma configuración física que conserva na actualidade, anque con tres parroquias menos: Rebordáns que aparece dentro da cidade de Tui, e Randufe e Pazos de Reis que apareceran como tales en 1903; esta última constituirase como Entidade Local Menor o 9 de agosto de 1926.
Institución arquivística Arquivo municipal de Tui
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1ª División de sección referida á función dos concellos de salvagardar e protexer a integridade física e moral da súa poboación de calquera tipo de agresión, independentemente da súa causa, ben sexa de natureza humana ou catastrófica. 3.5.1.- Depósito de detidos Documentación dos depósitos de detidos, tamén denominados como cárceres ou calabozos municipais. 3.5.2.- Policía municipal. Orde pública Agrupación de series relacionadas coas actuacións municipais en materia de orde público, entre elas o funcionamento e actuacións da policía local. A policía local ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos das persoas e garantir o normal desenvolvemento da convivencia, a seguridade cidadá e a seguridade vial. 3.5.3.- Catástrofes. Protección Civil Documentación do servizo de protección civil, que ten coma orixe o establecemento das Xefaturas Locais de Defensa Pasiva nas poboacións de máis de 20.000 habitantes que non foran capitais de provincia en 1941, sendo substituídas polas Xefaturas Locais de Protección Civil en 1960, abarcando toda as localidades con esa poboación. Así mesmo, coa democracia e o Estado das autonomías, este servizo tentou ser relanzado en tódalas localidades, cando menos dotándoo dunha funcionalidade mínima en tódolos concellos. Por outra banda, toda aquela documentación referida a catástrofes naturais sufridas polos veciños e bens materiais existentes no concello (inmobles, cultivos, vías de comunicación,...) tales como inundacións, incendios forestais, sarabia, nevaradas e outras similares van incluídas dentro desta serie xenérica baixo o epígrafe de catástrofes. Outro servizo relacionado coa protección e seguridade da poboación é o constituído polas actividades desenvoltas polos bombeiros, concibindo neste termo tanto os bombeiros propiamente ditos como, por extensión, as cuadrillas de extinción de incendios forestais. Como norma xeral, a súa documentación debe ser encadrada dentro desta serie independentemente do seu contido manténdose unida toda a documentación referida a unha campaña de extinción de incendios forestais (tramitación da subvención, contratación de persoal, adquisición de materiais, etc...). 3.5.4.- Expedientes de multas e denuncias Recolle os expedientes de multas que abranguen calquera tipo de expediente ou documento de sanción imposta pola policía local en calquera ámbito ou servizo, cando aparecen de xeito específico e illado sen formar parte dun expediente máis amplo, e por extensión calquera multa imposta no concello agás as de competencia do alcalde que teñen o seu apartado específico. O mesmo podemos dicir dos expedientes de denuncias, coa mesmas peculiaridades que o caso das multas. 3.5.5.- Expedientes de emigración As funcións encomendadas ós concellos en relación ó control e regulación dos movementos migratorios no seu territorio, tanto cara ó interior como cara ó exterior, son escasas posto que a maior parte das prerrogativas no tema son exercidas polo goberno central. Non obstante, en determinados períodos históricos, os concellos foron unha primeira instancia de control dos fluxos migratorios, xerando no exercicio de tal actividade determinados expedientes e rexistros que deben ser encadrados dentro desta serie xenérica. 3.5.6.- Atestados Documentos oficiais en que se dá fe dun feito. 3.5.7.- Certificacións de boa conduta Certificacións emitidas polo concello, con informes de alcaldes ou alcaldes de barrio ou da policía local, acreditando bos comportamentos. 3.5.8.- Libro rexistro de denuncias Rexistro de denuncias. 3.5.9.- Libro rexistro de multas Rexistro de multas. 3.5.10.- Prestación de traballo en beneficio da Comunidade Documentación xustificativa de cumprimento de penas menores realizando traballos en beneficio da comunidade, normalmente froito dun convenio entre o concello e a administración de xustiza.
Organizació
Esta 1ª división de sección, SEGURIDADE CIDADÁ, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZO: 3.5.- SEGURIDADE CIDADÁ 3.5.1.- Depósito de detidos 3.5.2.- Policía municipal. Orde pública 3.5.3.- Catástrofes. Protección Civil 3.5.4.- Expedientes de multas e denuncias 3.5.5.- Expedientes de emigración 3.5.6.- Atestados 3.5.7.- Certificacións de boa conduta 3.5.8.- Libro rexistro de denuncias 3.5.9.- Libro rexistro de multas 3.5.10.- Prestación de traballo en beneficio da Comunidade
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Tui (Tema) (Creador)