Fondos
2. ALCALDE
ALCALDE
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36033.AM.MOS.1.1.2
Título ALCALDE
Data(s) 1906-2016 (Creación) 1922 - (Produción) - 2009 (Produción)
Volume e soporte 190 unidades de instalación con 643 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Mos
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O alcalde como institución remóntanse ao século XI, cun carácter inicialmente xudicial, formando parte dos concellos existentes en cada pobo. Así a figura do alcalde aparece nas máis antigas leis casteláns (Foro Real, Foro Vello, as Partidas..) sempre cunha función preferentemente xudicial. O nomeamento dos alcaldes correspondía ao Rei ou aos señores laicos ou eclesiásticos dependendo do señorío de cada territorio. Pouco a pouco van asumindo tamén funcións económicas, coincidindo co desenvolvemento da vida urbana e da importancia das cidades e pobos. Na idade contemporánea limítanse estas funcións xudiciais a partires de 1812 e definitivamente dende 1855 e coa aparición dos xulgados de paz e rexistros civís en 1870. Pola contra realzase esta figura como representante o cabeza do concello e mesmo como delegado do goberno no seu territorio. As súas atribucións principais, que derivan na produción dos oportunos documentos e expedientes, serían as de representar ao concello; convocar e presidir as sesións dos órganos colexiados de goberno; nomear cargos municipais, especialmente os tenentes de alcalde; dirixir, inspeccionar e impulsar os servizos e obras municipais; ditar bandos; desenvolver a xestión económica de acordo cos presupostos aprobados; dispor gastos; aprobar a oferta de emprego e as bases de selección do persoal, así como desempeñar a xefatura de todo o persoal; exercer a xefatura da policía local; aprobar os instrumentos de xestión urbanística e os proxectos de urbanización, obras e servizos; adoptar medidas en caso de catástrofe e infortunio público; sancionar as faltas de desobediencia á autoridade ou as infraccións ás ordenanzas municipais; a adquisición de bens mobles e inmobles; outorgar licenzas, publicar e executar os acordos municipais.
Organizació
sta división de seccíon 1.2. ALCALDE contén as seguintes series documentais: 1.- GOBERNO: 1.2.- ALCALDE: 1.2.1.- Correspondencia da Alcaldía 1.2.2.- Certificacións e informes da Alcaldía 1.2.3.- Decretos. Resolucións 1.2.4.- Libro de resolucións da Alcaldía 1.2.5.- Bandos. Edictos 1.2.6.- Libro rexistro de bandos 1.2.7.- Libro rexistro de edictos 1.2.8.- Expedientes de protocolo 1.2.9.- Heráldica municipal 1.2.10.- Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo 1.2.11.- Expedientes xudiciais da Alcaldía 1.2.12.- Libro de comunicacións da Alcaldía
Ãrea de notas
Nota