Fondos
1953-03-12_Ordinaria. Acta de sesión 1953/03/12_Ordinaria
Acta de sesión 1953/03/12_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36045.AM.RED.3.GF001.F0001.SF003.S0020.3.414/1.1953-03-12_Ordinaria
Título Acta de sesión 1953/03/12_Ordinaria
Data(s) 1953-03-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo municipal de Redondela
Área de contido e estrutura
Alcance e contido PLENO ORDINARIO DO 12 DE MARZO DO 1953
Alcalde: Juan Muíños Iglesias. Concelleiros: Sarefín Martínez Malvar, Félix Fernández Núñez, Benigno Bouzón Ramos, José Jaime Pérez Rodríguez, Serafín Gesteira Fernández, José Orge Esteiro, Cándido Pereira Bouzón, Cándido Martínez Esteiro. Secretario: Generoso Muíños Blanco. Interventor: Ángel Silvestre Álvarez Pérez.
ORDE DO DÍA:
1.- Presuposto extraordinario para a construcción da casas escolas e vivendas dos mestres de Saxamonde e Ventosela.
2.- Invitación da Jefatura provincial de "El Movimiento" para asistir ós actos en Vilagarcía o 19 de marzo polo aniversario da fundación da Falange Gallega.
3.- Mercado: modificacións do proxecto de Emilio Bugallo Orozco polo cambio de emplazamento e aproveitamento de pedras dun muro de contención de Sara Giráldez.
4.- Fonte de Quintela: subvención da "Obra social del movimiento" para construcción de fonte.
5.- Mercado: cesión de 20 columnas de ferro do antigo mercado para a montar na nave principal do novo Mercado.
6.- Para o Concello: o arquitecto Emilio Bugallo da conta da aparición nos cimentos do novo mercado dun colector procedente da Praza José Figueroa que debe de ser substituído.
7.- Pavimentado da rúa Rivero: novo firme e sumidoiro.
8.- Empregados:
- Provisión de 8 prazas vacantes de barrendeiros.
- Martín de la Iglesia Pérez: provisión de plaza de canteiro.
- Desestimación de recurso de reposición interposto por Ángel Silvestre Álvarez Pérez, Interventor do Concello de Redondela.
- Renuncia de posto de Euclides Ipiña Cortabarría, axente executivo.
- Rectificación do acordo do 31 de decembro do 1952, acórdase a seguinte plantilla de empregados municipais:
Administrativos: Ángel Hermida Campos (Secretario); Ángel Silvestre Álvarez Pérez (interventor); Generoso Muíños Blanco (Oficial Maior); Sebastián Barral Otero (Oficial primeiro); Antonio Soto Otero (Oficial segundo); JOsé Fontenla Cal (Oficial terceiro); Eusebio Pereira Vilán (Recaudador de arbitrios).
9.- Impostos: Instancia de Juan Bubrigas Villaverde (Empresa Bubrigas Arizaun) e Gonzalo Figueiral Caride por impostos de Salas de espectáculos polo "Cine Fantasio" e "Cine Redondela NUevo".
10.- Festas do Corpus (Festa da Coca): acórdase que durante as seguintes festas se organice o "Día de Ribadavia" dando o nome desta vila á Praza das Tres luces (Praza da Farola).
11.- Liquidación do presuposto de 1952.
12.- Contribución territorial rústica.
13.- Ponte sobre o río Alvedosa: en relación ó novo mercado, faise convenente inaugurar tamén a nova ponte que une a Ribeira coa estrada á Portela no novo Mercado.
14.- Obras municipais: proxecto de sumidoiro e beirarrúas na r/ Xeneral Rubín.
15.- Camiños veciñais para o Plan da Deputación de Pontevedra.
16.- Partidas fallidas.
17.- Imposto de utilidades ós empregados.
18.- Instrumental da Banda de Música: adquirir a "Hijos de C. Carrión de Vitoria" os instrumentos para a banda de música municipal dirixida por Víctor Ureña.
Ãrea de notas
Nota