ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

OBRAS MUNICIPAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36041.AM.POI..3.1.3

  • Título OBRAS MUNICIPAIS

  • Data(s) 1878-2017 (Creación) 1878-00-00 - 2019-02-05 (Produción)

  • Volume e soporte 532 unidades de instalación; 1.791 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Poio(1836-2016) O territorio do concello de Poio sitúase na marxe dereita da ría de Pontevedra, lindando cos concellos de Pontevedra, Meaño, Sanxenxo, Barro e Meis. Ocupa unha superficie superior ós trinta e tres quilómetros cadrados con setenta e oito entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Combarro, San Xoán e San Salvador de Poio, Raxó e Samieira, nas que residen case trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela das xurisdiccións de Combarro e A Lanzada, ámbalas dúas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Pontevedra, créase no ano 1836 o concello de Poio, coa mesma configuración física actual, aínda que cunha parroquia menos, segregándose no ano 1867 a parroquia de Combarro da de San Xoán de Poio.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Poio

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Os expedientes de obras municipais encadran aquela documentación referente á función dos concellos como promotores de obras públicas que redunden en ben da comunidade. Dado o carácter de diversidade que caracteriza a estas obras temos un conxunto máis ou menos amplo de series que engloban as diversas actuacións realizadas pola administración, normalmente con aportación doutras administracións, desenvolvendo obras municipais de conservacións, de edificación, de dotación de equipamentos ou de urbanización. Optouse pola opción máis funcional e sinxela sería dividir as obras municipais en función do tipo de obra na cal se proxecta

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección 3.1.3. OBRAS MUNICIPAIS contén as seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.1.- OBRAS E URBANISMO:
    
    3.1.3.- OBRAS MUNICIPAIS:
    
    3.1.3.1.- Expedientes xerais de obras municipais
    3.1.3.2.- Expedientes de subvencións
    3.1.3.3.- Prestación persoal
    3.1.3.4.- Expedientes de obras na casa do concello
    3.1.3.5.- Expedientes de obras en edificios municipais
    3.1.3.6.- Apertura e pavimentación de rúas, camiños e prazas
    3.1.3.7.- Expedientes de obras no mercado
    3.1.3.8.- Expedientes de obras no matadoiro
    3.1.3.9.- Expedientes de obras no cemiterio
    3.1.3.10.- Expedientes de obras de traída de augas
    3.1.3.11.- Expedientes de obras na rede de sumidoiros
    3.1.3.12.- Expedientes de obras de iluminación pública
    3.1.3.13.- Expedientes de obras en instalacións deportivas
    3.1.3.14.- Expedientes de obras en parques e xardíns
    3.1.3.15.- Expedientes de obras en centros escolares
    3.1.3.16.- Expedientes de obras en fontes e lavadoiros
    3.1.3.17.- Expedientes de obras na casa de cultura e biblioteca
    3.1.3.18.- Expedientes de obras en centros de saúde
    3.1.3.19.- Expedientes doutras obras
    3.1.3.20.- Expedientes de obras na Autoestrada do Atlántico
    3.1.3.21.- Expedientes de obras en canteiras
    3.1.3.22.- Expedientes de aprobación de proxectos
    3.1.3.23.- Documentación de portos, costas e praias

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Poio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición