ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.404
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expedientes de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.10.673/1

  • Título Expedientes de sesións do Pleno

  • Data(s) 2005 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de sesión extraordinaria del Pleno: 07-04-05. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior. 2. Dar conta dos decretos da Alcaldía. 3. Dar conta da liquidación do Presuposto do exercicio 2004. 4. Dar conta do escrito remitido polo SERGAS, en relación á continuidade do servizo de analítica que presta o laboratorio da Casa do Mar de Vilagarcía de Arousa. 5. Dar conta da aprobación definitiva, parcial, á Modificación puntual nº 5 do PXOM. 6. Escrito dos portavoces dos grupos do PP, BNG, IVIL e EU-IU, en relación cos obras urxentes no CEIP A Lomba e dotación en Trabanca Sardiñeira de instalacións socioculturais e de lecer. 7. Escrito dos estibadores do Porto de Vilagarcía, en relación coa competencia desleal doutros portos da Ría de Arousa, e adopción de acordos, se procede. 8. Dar conta dos informes existentes en relación coa Moción presentada polo grupo político municipal do PP, sobre beneficios para os residentes na Zona Azul, e adopción dos acordos que procedan. 9. Aprobación, se procede, da prórroga do prazo da concesión do servizo da Escola Infantil Municipal. 10. Escrito do Concello de Redondela sobre a concesión do premio literario Otero Pedrayo 2004, a D. Xosé Neira Vilas, e adopción de acordos, se procede. 11. Aprobación, se procede, do cambio de finalidade de convenios urbanísticos no anexo de inversións do Presuposto municipal do ano 2003, por importe de 7.000 €, para "adquisición de material para o parque de educación vial". 12. Alleación, se procede, dunha parcela sobrante de vía pública, na Avenida da Mariña, a favor de D. Ramón Montenegro Faro. 13. Moción presentada polo grupo político municipal de IVIL, solicitando a dedicatoria do nome dunha rúa, praza ou parque á memoria de D. Rafael Arizcun Moreno. 14. Moción presentada polo grupo político municipal de EU-IU, en relación á información e rehabilitación do petroglifo dos Ballotes. 15. Moción presentada polo grupo político municipal do PP, en relación á constitución do Consello Veciñal. 16. Aprobación, se procede, da comparecencia do Concelleiro Delegado de Seguridade e Protección Cidadá, D. Alejandro Quintela Pereira. 17. Interpelacións. 18. Rogos e preguntas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición