ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expedientes de sesións do Pleno (2000)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.10.665/4

  • Título Expedientes de sesións do Pleno (2000)

  • Data(s) 2000 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de sesión do Pleno: 28-09-00. Asuntos: 1- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores. 2- Dar conta dos decretos da Alcaldía. 3- Toma de posesión do Concelleiro do BNG, D. Ramiro González Mariño. 4- Aprobación, se procede, do resumo numérico da revisión do Padrón municipal de habitantes a 1 de xaneiro de 1999. 5- Aprobación, se procede, da modificación no plan de inversións do ano 2000, por cambio no regulamento do programa PIEL. 6- Aprobación, se procede, da modificación no plan de inversiòns do ano 2000, por concesión de subvención da Deputación Provincial. 7- Aprobación, se procede, do cambio de finalidade do préstamo do BCL. 8- Aprobación, se procede, de expediente de modificación de créditos. 9- Adopción de acordo, se procede, para asumi-las competencias da Inspección do IAE. 10- Aprobación definitiva, se procede, dos estatutos da Mancomunidade do Salnés, coa incorporación á mesa do Concello de Vilagarcía de Arousa, e designación de dous concelleiros que, xunto co Alcalde, represente a este Concello na Comisión Xestora da Mancomunidade do Salnés. 11- Ratificación do acordo adoptado pola Comisión de Goberno sobre a execución dunha entreplanta no Centro Social de Trabanca Budiña. 12- Aprobación, se procede, de apoio institucional, de iniciativa de constitución da Fundación Plácido Castro. 13- Aprobación, se procede, da alleación de parcela municipal na R/ Juan Fontán esquina R/ Méndez Núñez. 14- Ratificación, se procede, do acordo da Comisión de Goberno, en relación coa valoración dos criterios de adxudicación que figuran nos Pregos Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares para a contratación de obras municipais. 15- Aprobación, se procede, da proposta da Alcaldía sobre presentación de modificacións na Ordenanza Municipal de Ruidos e vibracións e conseguinte aprobación definitiva da devandita Ordenanza. 16- Inclusión no inventario de bens municipais de terreos situados no Carril e na Torre. 17- Escrito da "Federación de asociaciones gallegas", da República Arxentina, solicitando tomar acordos sobre a crise económica e sanitaria que afecta a esta colectividade. 18- Aprobación, se procede, da modificación puntual nº 1 PXOM, para cambia-lo trazado de dous pasos a desnivel. 19- Aprobación, se procede, da reparcelación voluntaria de terreos en Fontecarmoa. 20- Moción do grupo municipal do PP sobre a construcción de un hotel na zona portuaria de Vilagarcía de Arousa. 21- Moción do grupo municipal do PP sobre a creación dun parque infantil de tráfico permanente. 22- Moción do grupo municipal do PP de apoio ó acordo adoptado polo Senado sobre a creación dunha Comisión de entidades locais. 23- Moción do grupo municipal do PP de apoio o Goberno da Nación para que a reforma do IAE sexa incluida dentro de conxunto de medidas para a reforma da financiación das facendas locais. 24- Moción do grupo municipal do BNG sobre a implantación da ESPO no Concello e sistema de admisión de alumnado. 25- Moción do grupo municipal do BNG sobre o adecentamento do Parque da Xunqueira. 26- Moción do grupo municipal de IVIL sobre a redacción dunha ordenanza municipal que regule as medidas de control, seguridade e consolidación dos elementos exteriores das edificacións. 27- Moción do grupo municipal do PS de G - PSOE, rexeitando o R.D. 4/2000, de Medidas urxentes de liberalización do sector inmobiliario e transportes, R.D. 6/2000 de Medidas urxentes de intensificación da competencia en mercados de bens e servizos e apertura dunha mesa de negociación entre os tres niveis da administración. 28- Moción do grupo municipal do PS de G - PSOE, propoñéndolle ó Concello de Madrid, de se-lo caso, que designe Subsede dos Xogos Olímpicos do ano 2012, para as probas náuticas e de vela, as Rías Baixas. 29- Interpelacións. 30- Rogos e preguntas.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición